No día de hoxe non había competicións e Galicia e desprazamonos até o sempre acolledor e veciño Portugal para disputar alí o PREMIO VIANA DO CASTELO- MUNICIPIO SAUDAVEL
ENCONTRO REGIONAL ESCOLAS DE CICLISMO ZONA NORTE donde sempre somos ben recibidos.
No estrictamente deportivo os nosos ciclistas deixaron a súa pegada en Viana xa que para as terras do Val do Rosal trouxeron seis trofeos coas suas subidas o "caixón". Comenzando pola categoría de Benxamíns Irea Villa fixose co 2º posto en Féminas e Iago Alvarez 3º en masculino.
Na categoría Iniciados (en Portugal as categorías son diferentes as nosas) Mario Fernández foi 8º. En Infantís Ero Sobrino fixo 16º, Zaida Martínez 17ª, Claudia Portela 29ª e a súa irman Elsa 33ª.
En Xuvenís Andrés Fernández e Raúl Fernández subiron os dous o podio nos postos 2º e 3º respectivamente con Cristóbal Coimbra no posto 30º.
Por si era pouco tamén veo para O Rosal o Trofeo do 3º posto por equipos.
Esperamos que os nosos compañeiros portugueses que nos agasallaron cun xantar no Centro Civico de Santa Marta de Portuzelo non se "enfaden" por terlle levado os trofeos"
Pola súa banda os Junior Miguel Rodríguez e Brais González acudían pola tarde a outra cita na tamén portuguesa localidade de Penafiel donde disputaron a 4ª Prova da Taça de Juniores acadando os postos 29º e 31º respectivamente.
Fotos de Viana do Castelo.
Ai me gusta no importa donde se corra a arrasar donde sea!!
ResponderEliminarEnorabuena a segir asi figuras
en todas las categorias los de rosal ganan a i q seguir a si
ResponderEliminar