Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 29 de mayo de 2011

XX Trrofeo Pista das Faias ( O Rosal)

O Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organiza o vindeiro sábado a partir das 17:00 horas o XX Trrofeo Pista das Faias.
Comenzará a competición coa Ximcana da categoría Benxamín a que seguirán os Alevíns , Infantís e para rematar a tarde de ciclismo serán os Cadetes os que pecharán este XX Trrofeo Pista das Faias.
Tamén queremos divulgar a Promoción do Ciclismo que vai efectuar o C.C. O Rosal para a captación de novos corredores . Ésta promoción vaise celebrar na Pista de Ciclismo das Faias en Tabagón tódolos venres de xuño e o primeiro venres de xullo (dias 3, 10, 17, 24 de xuño e 1 xullo) as 17:00 horas. Só e preciso que os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, acudan coa súa bicicleta e o seu correspondente casco.

sábado, 21 de mayo de 2011

III TROFEO DE MINI BTT MONTES DE EIRAS


Grande éxito de participación no III TROFEO DE MINI BTT MONTES DE EIRAS cun total de 167 nenos e nenas que tomaron a saída neste estupendo circuito deseñado polos responsables do Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores que recibiu os elóxios dos asistentes.
Comenzaba a competición as 17:00 horas coa categoría Prebenxamín na que o C.C. O Rosal non contaba con participantes.
En Promesas os nosos representantes clasificabanse con Yasir Martínez no18º posto, David Rodríguez 21º e Alberto García 38º despois dunha caída na segunda manga.
En Principiantes Mario Fernández era 9º e Iago Alvarez 14º. Na mesma categoría Féminas, Irea Villa era 8ª.
Pasando a categoría Alevín era Manuel Dorna quien nos representaba acadando o 13º posto.
E para finalizar e poñer fin a ésta tarde de ciclismo eran os Infantís os derradeiros en sair para completar seis voltas o circuito sendo Xoel Villa o millor clasificado acadando o posto12º seguido por Ero sobrino no 14º. En Féminas Cludia Portela era 4ª, Zaida González 5ª i Elsa Portela 6ª.
Fotos.

jueves, 19 de mayo de 2011

III TROFEO DE MINI BTT NA PRAIA DE EIRAS


Este sábado día 21 a partir das 17:00 horas, o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organiza o III TROFEO DE MINI BTT NA PRAIA DE EIRAS para as categorías PREBENXAMIN, PROMESAS, PRINCIPIANTE, ALEVÍN e INFANTIL.
Tamén poderán participar nenos non federados prvio pago dunha cuota de 12 euros para un seguro de un día.
Contamos coa vosa presenza!!!!!

martes, 17 de mayo de 2011

19 º G.P. DAS LETRAS GALEGAS




Hoxe celebrouse na Pobra do Caramiñal o 19 º G.P. DAS LETRAS GALEGAS , proba a que o Club Ciclista O Rosal acudiu con escasos efectivos.
En benxamíns Mario era o millor clasificado no posto 9º, Iago no 13º e Alberto no 24º completaban a clasificación dos "nosos".
En Infantís eran Zaida i Ero os que nos representaban pero non conseguían acabar a carreira.
En Cadetes novo pódio para Toni que desta volta se facía co 2º posto e logo Raúl era 6º e Andrés 16º.

domingo, 15 de mayo de 2011

II MiniBTT Montes de Coruxo

Na mañán de hoxe comenzaba a tempada de MiniBTT e o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores SL acudía con catro representantes.
En categoría Infantil-Féminas as irmáns Portela Rodríguez acadaban os postos 4ª e 5ª para Claudia i Elsa respectivamente.
Por outro lado tanto Irea Villa en Principiantes como David Rodríguez en Promesas descoñecese a sua clasificación por mor dun erro arbitral polo que éste Club está a espera dunha contestación da Federación Galega de Ciclismo.

16/05/2011. Despois da reclamación deste Club ante a Federación, David quedou clsificado no posto 32º na categoría Promesas e Irea foi 6ª en Principiantes-Féminas
Fotos da carreira.

VI Gran Premio Deputación de Pontevedra

Con un gran despliegue de medios, o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organizou na mañán de hoxe o VI Gran Premio Deputación de Pontevedra categoría Junior cunha climatoloxía estupenda para a práctica do ciclismo coa única inconvenencia do vento cando sopraba de cara que facía que o esforzo a realizar polos ciclistas fose maior.
No que respecta estrictamente a competición sinalar que a carreira comenzaba con algunha tentativa de fuga no alto de Tabagón e non sería ata o paso por Tomiño que se formaba un grupo de seis ciclistas que protagonizaban a fuga da xornada.
En canto os nosos representantes no primeiro paso polo Alto da Portela puntuable para o Premio da Montaña, Kevin Rodríguez coroaba o Alto con dous minutos e vinte segundos de desventaxa con respecto a cabeza e no Km. 45 o paso por Portecelo era apartado da carreira polos árbitros. O mesmo acontecía con Alex Lomba e Manuel González que na segunda subida o Alto da Portela no Km. 69,5 tamén eran baixados da carreira.
Pola sua banda Iván Morais completaba os 86 kilómetros finalizando nun meritório 20º posto.
O gran triunfador da xornada era Angel Sánchez (C.C. Spol-Novacaixagalicia) que se facía co 1º posto ademais de levarse tamén o Premio da Montaña e o Premio das Metas Volantes. Segundo clasificado sería Iván Roade (C.C.Vigúes) e terceiro Anxo Lorenzo (C.C.Padronés).
Fotos cedidas por Rosa Líria Lorenzo.
Clasificación.

sábado, 14 de mayo de 2011

23 PROMOCION DE CICLISMO BOIRO



Hoxe acudia o C.C. O Rosal a Boiro (A Coruña) para participar no 23 PROMOCION DE CICLISMO cunha escasa representación.
En Benxamíns o noso único representante era Mario e como non quería vir coas mans valeiras, pois non fixo outra cousa que facerse coa vitória da que por certo xa nos ten baistante acostumados.
En Alevíns participaba Manuel Dorna que acadaba unha moi boa 8ª posición.
En Infantís Xoel Villa tamén era o único representante e a pesar do seu esforzo, na derradeira volta era dobrado polo grupo de cabeza quedando descalificado.
Xa logo na carreira de Cadetes sobre un percorrido de 51 Km. en estrada Toni Portela subía de novo o pódio co 3º posto e Raúl era 14º. Adrián Dorna por mor dunha avería e Andrés e Pablo que foron baixados da carreira, non se clasificaron.
Fotos.

lunes, 9 de mayo de 2011

VI Gran Premio Deputación de Pontevedra

O vindeiro domingo 15 a partires das 10:30 horas, disputase o VI G. P. Deputación categoría Junior organizado polo Club Ciclista O Rosal.
O percorrido podese ver no cartel da parte superior e a saída terá lugar na Praza do Calvario as 10:30 continuando pola Gándara, Goián (10:45), Tomiño (11:00), Alto do Morán(11:19), O Calvario(11:21), Fornelos, Novás, Alto da Portela (11:33), Portecelo, A Guarda (11:45), Camposancos, A Guarda, Praza do Calvario(12:01), Fornelos, Novás, Alto da Portela (12:11), Portecelo, A Guarda (12:24), A Gándara e final na Praza do Calvario (12:35) donde se fará a entrega dos premios.
As Metas Voantes estarán situadas en Tomiño, A Guarda e O Calvario (duas veces) e O Gran Premio da Montaña no Alto do Morán (San Miguel de Tabagón) e no Alto da Portela (entre Marzán e Portecelo duas veces). Indicamos que os horarios de paso polos puntos indicados son orientativos.
CONTAMOS COA TUA ASISTENCIA. É DE BALDE!!!!!!!!!!!!

sábado, 7 de mayo de 2011

XIII TROFEO CONCELLO DE SANTIAGO




Disputouse na mañán de hoxe o XIII TROFEO CONCELLO DE SANTIAGO nos arredores do Estadio de San Lázaro nunha mañán infernal de vento e choiva o cal non foi impedimento para que os ciclistas do C.C. O Rosal-Hermanos Ozores triunfasen en terras compostelás.
Comenzaba a competición como e costume coa categoría Benxamín na que Mario se a semana pasada se lle escapaba a vitória nun disputadísimo desempate, no día de hoxe tomaba a revancha e vencía con claridade. Irea terminaba 7ª na xeral e 1ª de Féminas, destacados tamén os resultados de David 11º e Alberto 21º.
En Infantís o millor clasificado era Xoel no posto 15º seguido de Claudia 16ª. Ero i Elsa non foron quen de clasificarse.
Na categoría Cadete Toni Portela estreábase cunha apretadísima vitória sobre o ciclista do Spol-Novacaixagalicia Angel Diz.Pola sua banda Raúl acadaba un meritório 6º posto. Cristóbal, Andrés, Adrián Dorna, Adrián Vicente e Pablo o final non se clasificaban.
Fotos.

domingo, 1 de mayo de 2011

33º Trofeo Vila do Louro (Porriño)




Deu comenzo no día de hoxe a tempada para as categorías de escolas no 33º Trofeo Vila do Louro e comenzamos con dous pódios dos irmáns Mario e Raúl Fernández.

Comenzaba a competición coa ximcana dos Benxamíns e non poido ser mais emocionante na loita polo primeiro posto xa que a pelexa foi épica entre Diego Villafines ( C.C. Marín) e o noso Mario
que concluiron as suas probas empatados a cero erros e co mesmo tempo, tendo que competir de novo eles dous para dilucidar o título de campión que se decantou do lado de Diego Villafines por mor dun erro de Mario que tivo que conformarse co 2º posto. En canto o resto de participantes Irea Villa acadaba o 12º posto, David Rodríguez 13º e Alberto García 33º.

En Alevíns Manuel Dorna como único representante terminaba 11º.

Os Infantís un chisco mais discretos eran Xoel Villa 24º, Ero Sobrino 25º, Zaida González 26ª, Claudia Portela 31ª i Elsa Portela 32ª.

En Cadetes como xa comentábamos o inicio desta crónica Raúl Fernández Facíase co 3º posto, Andrés Fernández 17º, Adrián Vicente 23º, Pablo Cividanes 25º, Cristóbal Coimbra 29º e Adrián Dorna 34º.