Grande éxito de participación no III TROFEO DE MINI BTT MONTES DE EIRAS cun total de 167 nenos e nenas que tomaron a saída neste estupendo circuito deseñado polos responsables do Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores que recibiu os elóxios dos asistentes.
Comenzaba a competición as 17:00 horas coa categoría Prebenxamín na que o C.C. O Rosal non contaba con participantes.
En Promesas os nosos representantes clasificabanse con Yasir Martínez no18º posto, David Rodríguez 21º e Alberto García 38º despois dunha caída na segunda manga.
En Principiantes Mario Fernández era 9º e Iago Alvarez 14º. Na mesma categoría Féminas, Irea Villa era 8ª.
Pasando a categoría Alevín era Manuel Dorna quien nos representaba acadando o 13º posto.
E para finalizar e poñer fin a ésta tarde de ciclismo eran os Infantís os derradeiros en sair para completar seis voltas o circuito sendo Xoel Villa o millor clasificado acadando o posto12º seguido por Ero sobrino no 14º. En Féminas Cludia Portela era 4ª, Zaida González 5ª i Elsa Portela 6ª.
Fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario