Con un gran despliegue de medios, o Club Ciclista O Rosal-Hermanos Ozores organizou na mañán de hoxe o VI Gran Premio Deputación de Pontevedra categoría Junior cunha climatoloxía estupenda para a práctica do ciclismo coa única inconvenencia do vento cando sopraba de cara que facía que o esforzo a realizar polos ciclistas fose maior.
No que respecta estrictamente a competición sinalar que a carreira comenzaba con algunha tentativa de fuga no alto de Tabagón e non sería ata o paso por Tomiño que se formaba un grupo de seis ciclistas que protagonizaban a fuga da xornada.
En canto os nosos representantes no primeiro paso polo Alto da Portela puntuable para o Premio da Montaña, Kevin Rodríguez coroaba o Alto con dous minutos e vinte segundos de desventaxa con respecto a cabeza e no Km. 45 o paso por Portecelo era apartado da carreira polos árbitros. O mesmo acontecía con Alex Lomba e Manuel González que na segunda subida o Alto da Portela no Km. 69,5 tamén eran baixados da carreira.
Pola sua banda Iván Morais completaba os 86 kilómetros finalizando nun meritório 20º posto.
O gran triunfador da xornada era Angel Sánchez (C.C. Spol-Novacaixagalicia) que se facía co 1º posto ademais de levarse tamén o Premio da Montaña e o Premio das Metas Volantes. Segundo clasificado sería Iván Roade (C.C.Vigúes) e terceiro Anxo Lorenzo (C.C.Padronés).
Fotos cedidas por Rosa Líria Lorenzo.
Clasificación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario