Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 14 de mayo de 2011

23 PROMOCION DE CICLISMO BOIRO



Hoxe acudia o C.C. O Rosal a Boiro (A Coruña) para participar no 23 PROMOCION DE CICLISMO cunha escasa representación.
En Benxamíns o noso único representante era Mario e como non quería vir coas mans valeiras, pois non fixo outra cousa que facerse coa vitória da que por certo xa nos ten baistante acostumados.
En Alevíns participaba Manuel Dorna que acadaba unha moi boa 8ª posición.
En Infantís Xoel Villa tamén era o único representante e a pesar do seu esforzo, na derradeira volta era dobrado polo grupo de cabeza quedando descalificado.
Xa logo na carreira de Cadetes sobre un percorrido de 51 Km. en estrada Toni Portela subía de novo o pódio co 3º posto e Raúl era 14º. Adrián Dorna por mor dunha avería e Andrés e Pablo que foron baixados da carreira, non se clasificaron.
Fotos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario