Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 28 de agosto de 2011

XVI Trofeo Festas de Vigo


Na tarde de onte sábado o Club Ciclista Meixoeiro organizaba o XVI Trofeo Festas de Vigo nos arredores do IFEVI en Cotogrande para as categorías de Benxamín, Alevín e Infantil.
Nos Benxamíns novo pódio para Mario, desta volta no segundo peldaño. Excelente resultado tamén para Yasir que rozou o caixon o quedar cuarto. Irea terminaba 20ª, David 22º e Alberto 28º.
En Alevíns Manuel Dorna finalizaba 8º e en Infantís Zaida acababa 29ª.
Por outro lado o mesmo sabado pero pola mañán as irmáns Rodríguez Portela disputaban o 8º Mini BTT Concello de Nigrán nos arredores do monumento de Monteferro e Claudia voltaba a subir o pódio co 3º posto acadado seguida pola súa irman Elsa que era 4º na categotía Infantil Feminina.
Fotos de Cotogrande.

sábado, 20 de agosto de 2011

12º Trofeo Vila de Luou (Teo)



12º Trofeo Vila de Luou disputado no coruñés Concello de Teo no que o posto mais destacado foi o terceiro de Antonio Portela.
Comenzaba a competición coa categoría de Alevíns na que Manuel Dorna acadaba o 5º posto.
En Infantís tanto Ero Sobrino como Xoel Villa eran baixados da carreira o quedar descolgados da cabeza, o mesmo que lle acontecía os Cadetes Pablo Cividanes, Adrián Dorna, Adrián Vicente, Cristóbal Coimbra e Raúl Fernández e donde como decíamos o principio, Toni Portela subía o Pódio con ese terceiro posto da xeral, terceiro nas metas volantes, terceiro no prémio da montaña e terceiro no sprint especial.
En Benxamíns Iago Alvarez era 18º, Irea Villa 19ª e Mário Fernández 25º.
Fotos.

lunes, 15 de agosto de 2011

36º Circuito de Santa Marta de Portuzêlo (Viana do Castelo)



Saída internacional no día de hoxe, concretamente o 36º Circuito de Santa Marta de Portuzêlo en Viana do Castelo (Portugal) donde eramos recibidos polos integrantes do equipo local e organizador da proba (C.C. Tensai) e que unha vez mais nos daban mostras da súa hospitalidade.
O C.C. O Rosal acudía a ésta proba con só oito ciclistas e desta volta quien destacaba era Irea Villa que na proba de Ximcana subía o Pódio no 3º posto de Féminas e que facía 4ª na Xeral (masculino e feminino). Na mesma categoría Iago Alvarez era 10º.
En Infantís era Xoel Villa quien nos representaba e desta volta a desgraza cebóuse en él xa que a falta de tan só trescentos metros para a liña de meta e cando marchaba en terceira posición con serias opcións de loitar pola vitória, tocábase cun dos compañeiros de escapada e sofría unha caida que o relegaba o posto 17º na chegada.
En Cadetes a vitória decidíase nun apretado sprint no que se atopaba involucrado Toni Portela que o final acadaba o 6º posto. Adrián Vicente era o outro representante rosaleiro e terminaba 55º.
Cerraban ésta proba os Júnior na que Manuel González colleitaba o 23º posto, Alex Lomba o 32º e Iván Morais o 35º.
Fotos.

sábado, 13 de agosto de 2011

43º G.P. do Albariño (Cambados)

Hoxe pola tarde tocaba competir en Cambados, concretamente no 43º G.P. do Albariño e por unhas causas ou por outras hoxe os nosos ciclistas viñeron para O Rosal coas mans vacías.
Nos Benxamíns o gran dominador da tempada que non é outro que o rosaleiro Mario Fernández, cometía un erro na ximcana que lle custaba un mais que seguro triunfo polo que tiña que consolarse co 6º posto. Irea Villa sería 12ª, David Rodríguez 13º, Iago Alvarez 24º e Alberto García 26º.
Polo que atinxe a categoría Alevín, Manuel Dorna era 9º e na de Infantís Xoel Villa facía 26º, Ero Sobrino 33º e Zaida González 34ª.
En Cadetes a desgracia cebábase desta volta co Campión de España Toni Portela que na derradeira volta das quince de que constaba a carreira e cando se dispoñía a disputar o sprint final, unha inoportuna rotura de cadea (o xoves acontecíalle o mesmo a Manuel González) impedíalle a loita pola vitória.
Moi boa a evolución que está a demostrar ésta tempada Adrián Vicente que realizaba unha excelente carreira con algunha tentativa de fuga e situado sempre nas primeiras posicións para finalmente acadar un estupendo 5º posto. Os demais compañeiros de equipo clasificabanse así: Andrés Fernández 15º, Pablo Cividanes 28º, Cristóbal Coimbra 30º e Adrián Dorna 35º. Raúl Fernández non participaba por estar mancado.
En Júnior moi interesante tamén a carreira disputada por Alex Lomba que o igual que Adrián tamén estivo sempre nos postos de cabeza e nalgunha escapada para o final clasificarse no posto 11º. Manuel González terminaba dous postos máis retrasado, concretamente no 13º, Iván Morais no 16º e Kevin Rodríguez no 25º completaban a participación rosaleira.
Fotos da carreira.

viernes, 12 de agosto de 2011

XXV Trofeo Festas do Monte


Novas vitórias dos nosos ciclistas no XXV Trofeo Festas do Monte celebrado na tarde de onte no circuito urbán da Sangriña (A Guarda).
Mario Fernández voltaba a darnos outra alegría co 1º posto acadado na categoría Benxamín. Nesta mesma categoría Irea era 6ª, Iago 7º, Yasir 8º, David 19º e Alberto 27º.
Nos Alevíns o noso representante Manuel Dorna despois de marchar durante toda a carreira nos postos de cabeza, o final tería que conformarse co 7º posto.
En Infantís Xoel chegaba a meta no posto 22º, Ero no 26º, Zaida 27ª, Claudia 29ª i Elsa 30ª.
En Cadetes existía unha grande expectación por ver o recentemente proclamado Campión de España Antonio Portela e non defraudou os seus seguidores xa que vencía o trofeo de Esprints Especiais e como non, tamén se facía coa vitória na xeral final o quedar por diante de Angel Diz ( C.C. Spol) nuha apretada chegada que se decantou do lado de Toni no esprint final. Os demais compañeiros de equipo clasificabanse así: Raúl 9º, Adrián Vicente 15º, Cristóbal 31º, Andrés 32º e Pablo 34º.
En Júnior o trofeo marchaba para terras porriñesas da man de Jacobo Ucha co millor rosaleiro no 11º posto de Iván Morais. Alex Lomba era 19º e Kevin Rodríguez 33º.
Mención aparte son as inoportunas avarías mecánicas que sofreron o Cadete Adrián Dorna que xa non poido tomar a saída e o Júnior Manuel González o que unha rotura de cadea lle facía apearse dunha carreia a cal acudía coa idea de loitar pola vitória.
O final das carreiras e como ven sendo habitual os ciclistas, nais, pais e directivos do C.C. O Rosal, reuníamonos na casa do Presidente do club Gerardo Alvarez para dar boa conta duns pinchos e uns refrixérios aportados por tódolos asistentes.
Fotos da carreira.
Galería de Brais Martínez.

domingo, 7 de agosto de 2011

XXV Trofeo Festas do Monte Santa Trega

O vindeiro xoves 11 de agosto a partir das 17:00 horas o Club Ciclista O Rosal coa colaboración da Comisión de Festas, organiza o tradicional XXV Trofeo Festas do Monte Santa Trega no circuito urbano da Sangriña arredor do coléxio e do campo de fútbol co atractivo da que será a primeira participación do rosaleiro Toni Portela no Baixo Miño despois de proclamarse Campión de España.
CONTAMOS COA TUA PRESENZA!!!!!

Ciclismo por partida triple


Esta foi unha fin de semana moi intensa xa que os ciclistas do Club Ciclista O Rosal desprazaronse até tres puntos distintos da xeografía galega.
Comenzaba Iago Alvarez que o sábado pola mañán acudía o III Trofeo Mini BTT Concello de Mos no cal acadaba o 12º posto da categoría Principiantes.
Xa logo pola tarde eran os Cadetes e Junior os que se desprazaban a Cambre donde disputaban o XI Gran Premio dese concello coruñés. En Cadetes o millor clasificado era o recentemente proclamado Campión de España Toni Portela, Adrián Vicente acadaba o 8º posto, Cristóbal Coimbra o 29º mentras que Adrián Dorna non conseguía clasificarse.
En Junior era Alex Lomba o rosaleiro millor clasificado no 13º posto e Iván Morais no19º. En canto a Manuel González un pinchazo impadíalle loitar polos primeiros posto tendo que retirarse e Kevin Rodríguez tamén tería que retirarse.
Os Pódios chegaban no día de hoxe e o primeiro caía da parte do habitual Mario Fernández en Benxamíns que se facía coa vitória no XXVI Trofeo Promoción do Ciclismo de Marín, Yasir Martínez era 7º e Irea Villa 9ª. O segundo Pódio era para Manuel Dorna co terceiro posto da categoría Alevín. En Infantís Xoel Villa era 12º, Ero Sobrino 17º e Zaida González 20ª.
Fotos de Marín.