Hoxe pola tarde tocaba competir en Cambados, concretamente no 43º G.P. do Albariño e por unhas causas ou por outras hoxe os nosos ciclistas viñeron para O Rosal coas mans vacías.
Nos Benxamíns o gran dominador da tempada que non é outro que o rosaleiro Mario Fernández, cometía un erro na ximcana que lle custaba un mais que seguro triunfo polo que tiña que consolarse co 6º posto. Irea Villa sería 12ª, David Rodríguez 13º, Iago Alvarez 24º e Alberto García 26º.
Polo que atinxe a categoría Alevín, Manuel Dorna era 9º e na de Infantís Xoel Villa facía 26º, Ero Sobrino 33º e Zaida González 34ª.
En Cadetes a desgracia cebábase desta volta co Campión de España Toni Portela que na derradeira volta das quince de que constaba a carreira e cando se dispoñía a disputar o sprint final, unha inoportuna rotura de cadea (o xoves acontecíalle o mesmo a Manuel González) impedíalle a loita pola vitória.
Moi boa a evolución que está a demostrar ésta tempada Adrián Vicente que realizaba unha excelente carreira con algunha tentativa de fuga e situado sempre nas primeiras posicións para finalmente acadar un estupendo 5º posto. Os demais compañeiros de equipo clasificabanse así: Andrés Fernández 15º, Pablo Cividanes 28º, Cristóbal Coimbra 30º e Adrián Dorna 35º. Raúl Fernández non participaba por estar mancado.
En Júnior moi interesante tamén a carreira disputada por Alex Lomba que o igual que Adrián tamén estivo sempre nos postos de cabeza e nalgunha escapada para o final clasificarse no posto 11º. Manuel González terminaba dous postos máis retrasado, concretamente no 13º, Iván Morais no 16º e Kevin Rodríguez no 25º completaban a participación rosaleira.
Fotos da carreira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario