Na tarde de onte sábado o Club Ciclista Meixoeiro organizaba o XVI Trofeo Festas de Vigo nos arredores do IFEVI en Cotogrande para as categorías de Benxamín, Alevín e Infantil.
Nos Benxamíns novo pódio para Mario, desta volta no segundo peldaño. Excelente resultado tamén para Yasir que rozou o caixon o quedar cuarto. Irea terminaba 20ª, David 22º e Alberto 28º.
En Alevíns Manuel Dorna finalizaba 8º e en Infantís Zaida acababa 29ª.
Por outro lado o mesmo sabado pero pola mañán as irmáns Rodríguez Portela disputaban o 8º Mini BTT Concello de Nigrán nos arredores do monumento de Monteferro e Claudia voltaba a subir o pódio co 3º posto acadado seguida pola súa irman Elsa que era 4º na categotía Infantil Feminina.
Fotos de Cotogrande.
No hay comentarios:
Publicar un comentario