Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 15 de agosto de 2011

36º Circuito de Santa Marta de Portuzêlo (Viana do Castelo)



Saída internacional no día de hoxe, concretamente o 36º Circuito de Santa Marta de Portuzêlo en Viana do Castelo (Portugal) donde eramos recibidos polos integrantes do equipo local e organizador da proba (C.C. Tensai) e que unha vez mais nos daban mostras da súa hospitalidade.
O C.C. O Rosal acudía a ésta proba con só oito ciclistas e desta volta quien destacaba era Irea Villa que na proba de Ximcana subía o Pódio no 3º posto de Féminas e que facía 4ª na Xeral (masculino e feminino). Na mesma categoría Iago Alvarez era 10º.
En Infantís era Xoel Villa quien nos representaba e desta volta a desgraza cebóuse en él xa que a falta de tan só trescentos metros para a liña de meta e cando marchaba en terceira posición con serias opcións de loitar pola vitória, tocábase cun dos compañeiros de escapada e sofría unha caida que o relegaba o posto 17º na chegada.
En Cadetes a vitória decidíase nun apretado sprint no que se atopaba involucrado Toni Portela que o final acadaba o 6º posto. Adrián Vicente era o outro representante rosaleiro e terminaba 55º.
Cerraban ésta proba os Júnior na que Manuel González colleitaba o 23º posto, Alex Lomba o 32º e Iván Morais o 35º.
Fotos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario