Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 25 de noviembre de 2012

PODIOS DE ZAIDA E ANTONIO PORTELA EN SANTIAGO


No XI Trofeo de Ciclocróss Cidade de Santiago que se disputou na mañán de hoxe voltamos a acadar dous novos Pódios.
Comenzaban os Cadetes e tanto Xoel Villa como Ero Sobrino realizaban unha meritória carreira o acadar os postos 15º e 17º respectivamente.
Sería na categoría Cadetes Féminas na que chegaría o primeiro Pódio con Zaida González que colleitaba un traballadísimo 3º posto.
A nosa participaciónn remataba coa categoría Junior, na que Raul Fernández lideraba a carreira nos seus inícios para logo ser superado por Angel Diz (C.C.Spol) con Toñi Portela na terceira praza e Cristobal Coimbra que transitaba en postos intermedios, pero a falta de duas voltas para o final Raul sofría un pinchazo na roda traseira que o obrigaba a votar a bicicleta o "lombo" ata chegar o posto de recambio e caindo ata a cuarta posición mentras que Portela heredaba a 2ª praza do seu compañeiro coa que remataría a carreira mentras que Raul remataba 4º e Cristobal 14º.
Fotos da carreira

domingo, 18 de noviembre de 2012

PODIOS DE ZAIDA, RAUL E TOÑI NA TAÇA DE PORTUGAL

Na tarde de oxe deu comenzo a Taça de Portugal de Ciclocross coa primeira das cinco probas das que consta ésta competición que arrancaba na Freguesía de Sobrado (Valongo) e os nosos ciclistas comenzaron con moi bó pé.
En Cadetes tanto Xoel Villa como Ero Sobrino acusaban a dureza do circuito e tiñan que conformarse con unhas optimas 6ª e 7ª posicións respectivamente.
Sería na categoría de Cadetes Féminas donde chegaría o primeiro dos Pódios que foi para a brillante Zaida González que lideraba a carreira nas duas primeiras voltas para logo nuha loita contínua coa "veterana" Xiana Conde (C.C. Maceda) acadar un fermosísimo 2º posto.
Ramatarían os Júnior con Raul Fernández que saía como unha "centella" para liderar a carreira durante a primeira volta mentras que o seu compañeiro Toñi Portela efectuaba unha pésima saída, caindo ata os derradeiros postos, para de seguido comenzar a adiantar adversarios e dar alcance a Raul que xa tiña caído o segundo posto por detrás de Angel Diz (C.C. Spol). A falta de duas voltas Toñi adiantaba a Raul e acadaba o 2º posto final mentras que Raul conquistaba o 3º.
Fotos da carreira

domingo, 11 de noviembre de 2012

VITORIAS DE ZAIDA E TOÑI NA PRAIA DE EIRAS


Inicio de Calendario Galego "o grande" para @s integrantes do C.C.O Rosal con Zaida e Toñi no máis alto do "caixón" e Raúl no segundo posto.
Arrincaba a competición na tarde de onte no idílico paraxe como é a Praia de Eiras coa categoría de Cadetes Féminas co gran debut de Zaida González que na súa primeira carreira nesta fermosa especialidade de Ciclocross,  acadaba unha merecidísima vitória  que facía que ese primeiro posto quedase en terras rosaleiras. En canto os Cadetes Masculinos, debut tamén para Xoel Villa i Ero Sobrino que se comportaban decentemente e acadaban os postos 13º e 14º respectivamente.
Na categoría Júnior confirmabanse os pronósticos e acadábase o dobrete. Arrincaba a carreira e Raúl tomaba a cabeza na primeira volta para logo cederlla a Angel Diz (C.C. Spol) con Toñi na terceira praza e Cristobal Coimbra un chisco máis retrasado, pero segundo ian sucedéndose as voltas o circuito, Portela lanzaba o seu ataque para instalarse na primeira posición e ir collendo vantaxe para non abandoala ata o final, en tanto que Raúl gardaba as forzas para a dúas voltas do final adiantar a Angel Diz e rematar segundo por detrás de Toñi Portela. Pola súa banda Cristobal tamén realizaba unha boa carreira e remataba 16º.
En canto as outras categorías sinalamos as vitórias de Isabel Caetano (CSM) en Féminas Elite, José Rodríguez "Tami" (C.C.Spol) en Master 30, Antonio Sousa (Candibyke) en Master 40, Antonio González (C.C. Salvaterra de Miño) en Master 50 e o seu filloPaulo González (C.C. Salvaterra de Miño) en Elite-Sub23.
Destacamos tamén o Pódio do ciclista formado no C.C. O Rosal, Jonathan Sousa en Elite-Sub23 que acadaba o 3º posto. Outro ciclista formado no C.C. O Rosal era Adolfo Martínez que acadaba un brillante 4º posto en Master 30.
Fotos da carreira
Galería de Luz Iglésias (Cambre)

miércoles, 7 de noviembre de 2012

FIN DE SEMANA DE CICLOCROSS NO PAIS VASCO

Os Junior Antonio Portela e Raul Fernández pasaron este derradeiro sabado e domingo competindo no País Vasco cuns resultados máis que aceptables.
No sabado día 3 en Llodio, Toñi  Portela acadaba un estupendo 9º posto, mentras que a mala sorte se cebaba con Raul que na sesión de aquecimento rompía unha maneta do cambio e tiña que disputar a carreira coa segunda bicicleta que tampouco remataba de ir ben e para rematar as desgrazas, tamén sofría unha caída para o final rematar 21º.
No domingo día 4 a carreira era na localidade de Muskiz e alí Raúl remataba 14º mentras que neste día a mala sorte acompañaba a Toñi que partía o cuadro da bicicleta e remataba 20º.
O vindeiro sabado a partir das tres da tarde na Praia de Eiras, o C.C. O Rosal organiza a primeira proba do calendario galego que vai servir para o debut de Zaida, Ero e Xoel nesta especialidade.