Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 11 de noviembre de 2012

VITORIAS DE ZAIDA E TOÑI NA PRAIA DE EIRAS


Inicio de Calendario Galego "o grande" para @s integrantes do C.C.O Rosal con Zaida e Toñi no máis alto do "caixón" e Raúl no segundo posto.
Arrincaba a competición na tarde de onte no idílico paraxe como é a Praia de Eiras coa categoría de Cadetes Féminas co gran debut de Zaida González que na súa primeira carreira nesta fermosa especialidade de Ciclocross,  acadaba unha merecidísima vitória  que facía que ese primeiro posto quedase en terras rosaleiras. En canto os Cadetes Masculinos, debut tamén para Xoel Villa i Ero Sobrino que se comportaban decentemente e acadaban os postos 13º e 14º respectivamente.
Na categoría Júnior confirmabanse os pronósticos e acadábase o dobrete. Arrincaba a carreira e Raúl tomaba a cabeza na primeira volta para logo cederlla a Angel Diz (C.C. Spol) con Toñi na terceira praza e Cristobal Coimbra un chisco máis retrasado, pero segundo ian sucedéndose as voltas o circuito, Portela lanzaba o seu ataque para instalarse na primeira posición e ir collendo vantaxe para non abandoala ata o final, en tanto que Raúl gardaba as forzas para a dúas voltas do final adiantar a Angel Diz e rematar segundo por detrás de Toñi Portela. Pola súa banda Cristobal tamén realizaba unha boa carreira e remataba 16º.
En canto as outras categorías sinalamos as vitórias de Isabel Caetano (CSM) en Féminas Elite, José Rodríguez "Tami" (C.C.Spol) en Master 30, Antonio Sousa (Candibyke) en Master 40, Antonio González (C.C. Salvaterra de Miño) en Master 50 e o seu filloPaulo González (C.C. Salvaterra de Miño) en Elite-Sub23.
Destacamos tamén o Pódio do ciclista formado no C.C. O Rosal, Jonathan Sousa en Elite-Sub23 que acadaba o 3º posto. Outro ciclista formado no C.C. O Rosal era Adolfo Martínez que acadaba un brillante 4º posto en Master 30.
Fotos da carreira
Galería de Luz Iglésias (Cambre)

No hay comentarios:

Publicar un comentario