Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 25 de noviembre de 2012
PODIOS DE ZAIDA E ANTONIO PORTELA EN SANTIAGO
No XI Trofeo de Ciclocróss Cidade de Santiago que se disputou na mañán de hoxe voltamos a acadar dous novos Pódios.
Comenzaban os Cadetes e tanto Xoel Villa como Ero Sobrino realizaban unha meritória carreira o acadar os postos 15º e 17º respectivamente.
Sería na categoría Cadetes Féminas na que chegaría o primeiro Pódio con Zaida González que colleitaba un traballadísimo 3º posto.
A nosa participaciónn remataba coa categoría Junior, na que Raul Fernández lideraba a carreira nos seus inícios para logo ser superado por Angel Diz (C.C.Spol) con Toñi Portela na terceira praza e Cristobal Coimbra que transitaba en postos intermedios, pero a falta de duas voltas para o final Raul sofría un pinchazo na roda traseira que o obrigaba a votar a bicicleta o "lombo" ata chegar o posto de recambio e caindo ata a cuarta posición mentras que Portela heredaba a 2ª praza do seu compañeiro coa que remataría a carreira mentras que Raul remataba 4º e Cristobal 14º.
Fotos da carreira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario