Os Junior Antonio Portela e Raul Fernández pasaron este derradeiro sabado e domingo competindo no País Vasco cuns resultados máis que aceptables.
No sabado día 3 en Llodio, Toñi Portela acadaba un estupendo 9º posto, mentras que a mala sorte se cebaba con Raul que na sesión de aquecimento rompía unha maneta do cambio e tiña que disputar a carreira coa segunda bicicleta que tampouco remataba de ir ben e para rematar as desgrazas, tamén sofría unha caída para o final rematar 21º.
No domingo día 4 a carreira era na localidade de Muskiz e alí Raúl remataba 14º mentras que neste día a mala sorte acompañaba a Toñi que partía o cuadro da bicicleta e remataba 20º.
O vindeiro sabado a partir das tres da tarde na Praia de Eiras, o C.C. O Rosal organiza a primeira proba do calendario galego que vai servir para o debut de Zaida, Ero e Xoel nesta especialidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario