Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 28 de julio de 2013

NOVAS VITORIAS DE YASIR E ZAIDA EN CAMBRE



Seis novos Pódios os acadados na tarde de onte pol@s nos@s ciclistas no TROFEO CONCELLO DE CAMBRE, dos cuales dous eran vitórias, outros dous eran segundos e para rematar dous terceiros.
Os Benxamíns Yasir Martínez e Luis Mendez saían a pista coa idea de estar entre os primeiros e de seguro que o acadaron pois Yasir facíase coa vitória mentras que Luis por unhas decimas de segundo tiña que contentarse co 4º posto.
 En Alevíns chegarían outros dous Pódios, o primeiro en Masculino da man de Iago Alvarez que remataba terceiro mentras que David Fletcher remataba 7º e Mario Fernández 10º. O outro "caixón" da categoría viña da man de Irea Villa que en Feminino conquistaba o 3º posto.
En Infantís de novo María Correa voltaba a colleitar outro éxito o rematar 2ª en Feminino mentras que en Masculino Manuel Dorna remataba nun gran 8º posto e Fran Mendez remataba 24º.
En Cadetes Feminino chegaba a outra vitória, concretamente con Zaida González, que despois de ir toda a carreira controlando en segunda posición, na derradeira volta atacaba a fondo para facerse con ésta marecida vitória. En Masculino, gran carreira de Ero Sobrino que estivo durante toda a carreira nos postos de cabeza e remataba 12º mentras que o seu compañeiro Xoel Villa moito mais retrasado remataba 25º.
E para finalizar a xornada eran os Júnior os que saltaban a pista e os nosos dous representantes chegaban a ésta carreira con moitas gañas de facelo ben e mediada a proba Toñi Portela atacaba os seus riváis para estar escapado durante varios kilómetros e logo ser alcanzado polo pelotón no que estaba integrado o seu compañeiro Raul Fernández. E non sería ata a recta de meta que se decidía a vitória nun apretadísimo esprint no que portela acadaba o 2º posto mentras que Raúl era 7º.
Fotos da carreira
 

lunes, 22 de julio de 2013

ZAIDA ACADA O SEGUNDO POSTO EN PENAFIEL (PORTUGAL)

  
Grande fazaña de Zaida González no 24º PREMIO SAO PEDRO en PENAFIEL (PORTUGAL), que por un mal entendido coa organización, fixo unha carreira de 32 Kms. nunha categoría que non lle correspondía e que non lle valía de nada para logo ter que disputar outra carreira na súa categoría de Cadete Feminina e acadar un merecidísimo 2º posto. En Masculino Ero Sobrino remataba 35º e Xoel Villa 38º.
En Júnior tanto Antonio Portela como Raúl Fernández partían entre os favoritos pero mediada a carreira Raúl sofría unha avaría na roda traseira que o obrigaba o abandono mentras que Portela estaba todo o tempo en postos de cabeza para na derradeira volta enfiar a recta de meta en segunda posición pero no esprint final cedía postos para atravesar a liña de meta na 8ª posición co mesmo tempo que o gañador.
Fotos da carreira 

sábado, 20 de julio de 2013

VITORIAS DE MARIA E SARA E SEGUNDO POSTO DE RUBÉN NO MEIXOEIRO


Na tarde de hoxe desprazámonos a Vigo para a disputa do XXV TROFEO C.C. MEIXOERO nas categorías de escolas e tres novos Pódios foi o botín acadado.
En Benxamíns era Rubén Carnero o que nos sorprndía cunha gran actuación que lle valía para acadar o segundo posto do "caixón". David Rodríguez seria o seguinte rosaleiro no 8º posto mentras que Luís Mendez era 9º, David Carnero 10º, Adrian Alonso 13º, Sergio Vicente 17º, Iker Rodríguez 23º e David Vicente 36º,  mentras que en Féminas Sara Alvarez era a primeira.
En Alevíns o rosaleiro mais rápido era David Fletcher mentras que Mario Fernández era 13º e Iago Alvarez facía 16º. En Féminas Irea Villa acadaría o 4º posto.
Para rematar era a Infantíl María Correa a que se facía co primeiro posto en Féminas.
Fotos da carreira

lunes, 15 de julio de 2013

TOÑI MEDALLA DE PRATA E RAUL MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DE GALICIA DE BTT


Grande xornada no día de onte domingo en Gondomar e en Cangas.
En Gondomar celebrábase o CAMPIONATO DE GALICIA DE BTT-XC no que os Júnior rosaleiros colleitaban as Medallas de Prata e de Bronce para Toñi Portela e Raul Fernández respectivamente.
O mesmo tempo na comarca do Morrazo, o resto das categorías tomaban parte no IX TROFEO C.C. CANGAS no que se acadaban dous novos Pódios que chegaban de parte dos Principiantes pois Yasir Martínez vencía de novo e subía o mais alto do "caixón" co seu compañeiro Luís Mendez no terceiro lugar mentras que Rubén Carnero era 7º, David Carnero 16º, Iker Rodríguez 19º e Adrian Alonso 21º.
En Alevíns Iago Alvarez e Mario Fernández facían unha boa carreira e remataban 7º e 10º respectivamente mentras que temos que destacar a gran carreira de David Fletcher que despois dun enganchón na saida e partir de último posto e na derradeira volta sofrer un percance cun espectador que se metía na pista para empurrar e favorecer o seu fillo, conseguía acabar no 12º posto. En Féminas Irea Villa remataba 5ª.
En Infantís Manuel Dorna despois dunha dura carreira remataba 11º mentras que María Correa era 3ª en Féminas.
Remataban os Cadetes con Ero Sobrino no 27º posto e Xoel Villa no 30º mentras que en Feminino, Zaida González era 3ª.
Fotos de Cangas

martes, 9 de julio de 2013

INTENSA FIN DE SEMANA DE CICLISMO

Foi ésta unha fin de semana na que os integrantes do Club Ciclista O Rosal competiron en varios frentes.
O Júnior Antonio Portela competía na Volta a Vizcaya integrado na Selección Galega  e despóis de cuatro días de competición acadaba un brillante 10º posto a 1:08 do vencedor.
As Féminas María Correa e Zaida González tamén coa Selección Galega participaban no Campionato de España en León. María acadaba un meritório 27º posto na categoría Infantíl mentras que Zaida no sabado quedaba 7ª en Contrareloxo por Equipos na que se coroou Campiona de España a viguesa a compañeira de Selección, Paula Sanmartín, Xa no domingo Zaida era vítima da mala sorte o sofrer dous pinchazos e despois dun épico esforzo, remataba no 42º posto.
Os Cadetes Ero Sobrino e Xoel Villa competían en Marín i Ero remataba 17º mentras que Xoel facía 28º.
En Marín tamén competía o Júnior Raúl Fernández e colleitaba un gran botín o rematar 2º na Xeral, 2º en Metas Volantes e 3º no Prémio da Montaña.
A Téis acudían as Escolas e en Principiantes era Yasir Martínez o que voltaba o mais alto do Pódio o rematar 1º, David Carnero remataba 4º e o seu irmán Rubén 5º, Adrian alonso 7º, Sara Alvarez 8ª e 1ª Fémina, Luís Mendez 10º e Iker Rodríguez 17º
En Alevíns David Fletcher realizaba unha gran carreira e remataba 4º mentras que Mario Fernández remataba 11º,  Iago Alvarez 14º e Irea Villa 26ª e 4ª Fémina.
En Infantís era Manuel Dorna o Noso representante e remataba 13º.
Fotos de Marín