Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 22 de julio de 2013

ZAIDA ACADA O SEGUNDO POSTO EN PENAFIEL (PORTUGAL)

  
Grande fazaña de Zaida González no 24º PREMIO SAO PEDRO en PENAFIEL (PORTUGAL), que por un mal entendido coa organización, fixo unha carreira de 32 Kms. nunha categoría que non lle correspondía e que non lle valía de nada para logo ter que disputar outra carreira na súa categoría de Cadete Feminina e acadar un merecidísimo 2º posto. En Masculino Ero Sobrino remataba 35º e Xoel Villa 38º.
En Júnior tanto Antonio Portela como Raúl Fernández partían entre os favoritos pero mediada a carreira Raúl sofría unha avaría na roda traseira que o obrigaba o abandono mentras que Portela estaba todo o tempo en postos de cabeza para na derradeira volta enfiar a recta de meta en segunda posición pero no esprint final cedía postos para atravesar a liña de meta na 8ª posición co mesmo tempo que o gañador.
Fotos da carreira 

No hay comentarios:

Publicar un comentario