Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 28 de julio de 2013
NOVAS VITORIAS DE YASIR E ZAIDA EN CAMBRE
Seis novos Pódios os acadados na tarde de onte pol@s nos@s ciclistas no TROFEO CONCELLO DE CAMBRE, dos cuales dous eran vitórias, outros dous eran segundos e para rematar dous terceiros.
Os Benxamíns Yasir Martínez e Luis Mendez saían a pista coa idea de estar entre os primeiros e de seguro que o acadaron pois Yasir facíase coa vitória mentras que Luis por unhas decimas de segundo tiña que contentarse co 4º posto.
En Alevíns chegarían outros dous Pódios, o primeiro en Masculino da man de Iago Alvarez que remataba terceiro mentras que David Fletcher remataba 7º e Mario Fernández 10º. O outro "caixón" da categoría viña da man de Irea Villa que en Feminino conquistaba o 3º posto.
En Infantís de novo María Correa voltaba a colleitar outro éxito o rematar 2ª en Feminino mentras que en Masculino Manuel Dorna remataba nun gran 8º posto e Fran Mendez remataba 24º.
En Cadetes Feminino chegaba a outra vitória, concretamente con Zaida González, que despois de ir toda a carreira controlando en segunda posición, na derradeira volta atacaba a fondo para facerse con ésta marecida vitória. En Masculino, gran carreira de Ero Sobrino que estivo durante toda a carreira nos postos de cabeza e remataba 12º mentras que o seu compañeiro Xoel Villa moito mais retrasado remataba 25º.
E para finalizar a xornada eran os Júnior os que saltaban a pista e os nosos dous representantes chegaban a ésta carreira con moitas gañas de facelo ben e mediada a proba Toñi Portela atacaba os seus riváis para estar escapado durante varios kilómetros e logo ser alcanzado polo pelotón no que estaba integrado o seu compañeiro Raul Fernández. E non sería ata a recta de meta que se decidía a vitória nun apretadísimo esprint no que portela acadaba o 2º posto mentras que Raúl era 7º.
Fotos da carreira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario