Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
lunes, 15 de julio de 2013
TOÑI MEDALLA DE PRATA E RAUL MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DE GALICIA DE BTT
Grande xornada no día de onte domingo en Gondomar e en Cangas.
En Gondomar celebrábase o CAMPIONATO DE GALICIA DE BTT-XC no que os Júnior rosaleiros colleitaban as Medallas de Prata e de Bronce para Toñi Portela e Raul Fernández respectivamente.
O mesmo tempo na comarca do Morrazo, o resto das categorías tomaban parte no IX TROFEO C.C. CANGAS no que se acadaban dous novos Pódios que chegaban de parte dos Principiantes pois Yasir Martínez vencía de novo e subía o mais alto do "caixón" co seu compañeiro Luís Mendez no terceiro lugar mentras que Rubén Carnero era 7º, David Carnero 16º, Iker Rodríguez 19º e Adrian Alonso 21º.
En Alevíns Iago Alvarez e Mario Fernández facían unha boa carreira e remataban 7º e 10º respectivamente mentras que temos que destacar a gran carreira de David Fletcher que despois dun enganchón na saida e partir de último posto e na derradeira volta sofrer un percance cun espectador que se metía na pista para empurrar e favorecer o seu fillo, conseguía acabar no 12º posto. En Féminas Irea Villa remataba 5ª.
En Infantís Manuel Dorna despois dunha dura carreira remataba 11º mentras que María Correa era 3ª en Féminas.
Remataban os Cadetes con Ero Sobrino no 27º posto e Xoel Villa no 30º mentras que en Feminino, Zaida González era 3ª.
Fotos de Cangas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario