Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 25 de noviembre de 2013

RAUL DE NOVO LIDER DO RANKING NACIONAL DE CICLOCRÓSS


Coa vitória de onte en Santiago o ciclista do Ciclista Ciclista O Rosal, Raúl Fernández pasa a liderar de novo o Ranking Nacional de Ciclocróss da Federación Española de Ciclismo con 457 puntos por 450 do madrileño Diego Pablo Sevilla que ocupa o sengundo posto con 450 puntos.
Pola outra banda, Ero Sobrino ocupa o 64º posto e Xoel Villa o 72 en Cadete Masculino mentras que en Feminino, Zaida González sitúase na 15ª posición.
O vindeiro fin de semana van ter oportunidade de colleitar novos puntos xa que no sábado pola mañán competirán en Dumbría e o domingo en Navia (Asturias) sendo ésta última puntuable para o Ranking.

domingo, 24 de noviembre de 2013

NOVA VITORIA DE RAÚL, DESTA VOLTA EN SANTIAGO

Raúl Fernández voltava a vitória ,desta volta na capital de Galicia no 12º Trofeo Concello de Santiago de Ciclocróss disputado no circuito da Granxa do Sexto no Monte Pedroso.
Como xa fixera fai unha semana na Praia de Eiras, Raúl dominaba de principio ata o final a carreira da categoría Júnior e loitaba incluso cos Máster-30 polas primeiras posicións que tiñan saído un minuto antes, polo que se facía coa vitória da súa categoría de maneira incontestable.
Os Cadetes na súa liña regular voltaban a estar en boas posicións, pois Ero Sobrino remataba 9º e Xoel Villa 11º mentras que en Feminino Zaida González remataba na 4ª posición.
Fotos da carreira

sábado, 16 de noviembre de 2013

GRAN VITORIA DE RAÚL DIANTE DO SEU PÚBLICO

Nunha tarde ideal para a práctica do ciclismo e con gran afluencia de público, disputábase hoxe o XVI TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE EIRAS organizado polo Club Ciclista O Rosal no que tomaban parte máis dun cento de ciclistas.
Comenzaban os Cadetes e tanto Ero como Xoel tiñan unha gran participación despois dun gran traballo que sería recompensado co 8º posto para Ero e o 9º para Xoel mentras que a sua compañeira Zaida González remataba nun óptimo 5º posto entre as Cadetes Féminas.
Despois de todo isto chegaría a hora dos Júnior que competían conxuntamente cos Master 30, 40, 50 e 60 e aquí chegaba a exibición de Raúl Fernández que nunha gran carreira superóu a todolos seus rivais da categoría Júnior lanzándose logo a polos Master 30 que tiñan saído cun minuto de adianto os cuais foi superando mentras que nas derradeiras curvas adiantaba tamén o líder pero a 20 metros da liña da meta Raúl collia unha zona de area e perdía o liderato absoluto pero que non lle impedía de facerse con esa grande vitória  da categoría Júnior.
Fotos da carreira

domingo, 10 de noviembre de 2013

XVI TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE EIRAS DE CLCLOCRÓSS

O vindeiro sábado día 16 a partir das 15:00 horas comenza a tempada galega de ciclocróss co XVI Trofeo Comunidade de Montes de Eiras organizado polo Club Ciclista O Rosal coa colaboración de diversas entidades públicas i empresas privadas sin os cuales a realización deste evento ciclista sería imposible de levar a cabo.
No circuito máis vistoso e bonito do calendário galego como é a Praia de Eiras, o C.C. O Rosal deseña un percorrido moi duro para os ciclistas que van competir nas categorías de Élite, Sub-23, Junior, Cadete, Master (30, 40, 50 e 60) e Feminas (Élite, Junior e Cadete).
Nesta carreira inaugural do calendário galego imos poder disfrutar do segundo clasificado na Copa da Federación Española de Ciclismo como é o noso Raúl Fernández así Como dos nosos Cadetes que a semana pasada se estreaban na Copa de Portugal (Zaida, Ero e Xoel).

NOVO SEGUNDO POSTO DE RAUL NO LAMEIRAL DE ELORRIO

Desta volta foi por tan só seis segundos que Raúl Fernández non acadou a vitória no XXXVII Ciclocróss de Elórrio (País Vasco) nun circuito totalmente enlamado por mor da persistente choiva caída antes e durante a carreira. Desta maneira Raúl conserva a segunda praza da Clasificación Xeral da Copa Federación.

domingo, 3 de noviembre de 2013

VITORIA DE ZAIDA NA COPA DE PORTUGAL E DE NOVO SEGUNDO POSTO PARA RAUL NO PAÍS VASCO


De novo gran carreira de Raúl Fernández, desta volta no Ziklokross de Muskiz que nunha chegada o esprint, tiña que conformarse co 2º posto do "caixón" mentras que o primeiro posto era como no día de onte en Llodio para o madrileño Diego Pablo Sevilla.

Resumo da crónica da R.F.E.C.:
En junior, la carrera estuvo marcada por el duelo entre Diego Pablo Sevilla (Enbici-Stevens-Mecha) y  Raul Fernández (El Rosal), aunque al final el madrileño se hizo con el triunfo al sprint, en lo que le supone el triplete en lo que va de torneo, con el vasco Gotzon Martín (Ugao) completando el podio. Lo mismo ocurrió con la fémina gallega Desiree Duarte (Aquagest) y con el cadete Jokin Alberdi (Caravanas Erandio), que de nuevo dejó al valenciano Borja Altur (Gandía-Jorge Canet) con las ganas. Todos ellos reafirman su liderato. Por el contrario, enntre las féminas cadetes Alba Fernández (Ciclos Maestre) se tomaba la revancha ante la gallega Irene Trabazo (Ottoman), que sigue al frente de la general. Por cierto, la ganadora entró junto a Alberdi, mostrando una inesperada igualdad entre ambos sexos.
 
Por outro lado os Cadetes estreabanse na Copa de Portugal no circuito que a Asociaçao de Ciclismo do Minho deseñou no Centro Ecuestre Loureiro Velho de Fermentoes (Guimaraes) no que Zaida González se facía coa vitória demostrando que vai con ideas de conquistar a Copa como xa fixera no ano pasado. Mentras Zaida colleitaba a vitória, os seus compañeiros Xoel Villa i Ero Sobrino traían para O Rosal o 6º e o 7º posto respectivamente.
Fotos de Muskiz
Fotos de Guimaraes

sábado, 2 de noviembre de 2013

RAÚL FERNÁNDEZ NON BAIXA DO PÓDIO

Nuotra fin de semana polo País Vasco, Raúl acada outro Pódio, desta volta foi un segundo posto que por tan só 8 segundos non foi un primeiro xa que a carreira foi gañada polo vixente Subcampión de España, o madrileño Diego Pablo Sevilla.
Mañán domingo Raúl vai continuar por aquelas terras, concretamente na carreira que se vai celebrar na localidade de Muskiz mentras os Cadetes van debutar na Copa de Portugal en Guimaraes.
Fotos de Raúl en Llodio