Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

sábado, 16 de noviembre de 2013

GRAN VITORIA DE RAÚL DIANTE DO SEU PÚBLICO

Nunha tarde ideal para a práctica do ciclismo e con gran afluencia de público, disputábase hoxe o XVI TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE EIRAS organizado polo Club Ciclista O Rosal no que tomaban parte máis dun cento de ciclistas.
Comenzaban os Cadetes e tanto Ero como Xoel tiñan unha gran participación despois dun gran traballo que sería recompensado co 8º posto para Ero e o 9º para Xoel mentras que a sua compañeira Zaida González remataba nun óptimo 5º posto entre as Cadetes Féminas.
Despois de todo isto chegaría a hora dos Júnior que competían conxuntamente cos Master 30, 40, 50 e 60 e aquí chegaba a exibición de Raúl Fernández que nunha gran carreira superóu a todolos seus rivais da categoría Júnior lanzándose logo a polos Master 30 que tiñan saído cun minuto de adianto os cuais foi superando mentras que nas derradeiras curvas adiantaba tamén o líder pero a 20 metros da liña da meta Raúl collia unha zona de area e perdía o liderato absoluto pero que non lle impedía de facerse con esa grande vitória  da categoría Júnior.
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario