O vindeiro sábado día 16 a partir das 15:00 horas comenza a tempada galega de ciclocróss co XVI Trofeo Comunidade de Montes de Eiras organizado polo Club Ciclista O Rosal coa colaboración de diversas entidades públicas i empresas privadas sin os cuales a realización deste evento ciclista sería imposible de levar a cabo.
No circuito máis vistoso e bonito do calendário galego como é a Praia de Eiras, o C.C. O Rosal deseña un percorrido moi duro para os ciclistas que van competir nas categorías de Élite, Sub-23, Junior, Cadete, Master (30, 40, 50 e 60) e Feminas (Élite, Junior e Cadete).
Nesta carreira inaugural do calendário galego imos poder disfrutar do segundo clasificado na Copa da Federación Española de Ciclismo como é o noso Raúl Fernández así Como dos nosos Cadetes que a semana pasada se estreaban na Copa de Portugal (Zaida, Ero e Xoel).
No hay comentarios:
Publicar un comentario