Raúl Fernández voltava a vitória ,desta volta na capital de Galicia no 12º Trofeo Concello de Santiago de Ciclocróss disputado no circuito da Granxa do Sexto no Monte Pedroso.
Como xa fixera fai unha semana na Praia de Eiras, Raúl dominaba de principio ata o final a carreira da categoría Júnior e loitaba incluso cos Máster-30 polas primeiras posicións que tiñan saído un minuto antes, polo que se facía coa vitória da súa categoría de maneira incontestable.
Os Cadetes na súa liña regular voltaban a estar en boas posicións, pois Ero Sobrino remataba 9º e Xoel Villa 11º mentras que en Feminino Zaida González remataba na 4ª posición.
Fotos da carreira
No hay comentarios:
Publicar un comentario