Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

jueves, 1 de mayo de 2014

37º TROFEO VILA DO LOURO CON VITORIA DE YASIR E SEGUNDO DE RUBÉN

Na mañán de oxe  disputouse en Porriño o 37º Trofeo Vila do Louro para escolas que daba o pistoletazo de saída o Calendario Galego de Estrada e os nosos comenzaban como remataron a tempada pasada, é decir, no Pódio.
Nos Principiantes un gran Yasir saía como un foguete e facíase coa vitória claramente mentras que o seu compañeiro Rubén Carnero comenzaba a tempada tamen no Pódio o rematar nun fantástico 2º posto. Iker Rodríguez a piques estaba de acompañar os seus compañeiros no "caixón" o rematar no 4º posto mentras que David Rodríguez era 11º, David Carnero 17º, sergio Vicente 18º, e David Vicente 30º.
En Alevíns gran carreira de Iago Alvarez que remataba 5º, Luís Mendez 16º e Adrian Alonso 30º. En Féminas Irea Villa era 5ª , Laura Teniente 6ª e Sara Alvarez 8ª.
Remataban os Infatís con David fletcher no 17º posto e Fran Mendez no 19 mentras que a Fémina María Correa remataba 6ª.
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario