Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

martes, 29 de julio de 2014

RAUL FERNANDEZ CONVOCADO COA SELECCION GALEGA

O rosaleiro Raúl Fernández ven de ser convocado polo seleccionador galego para disputar coa Selección Galega a Volta Ciclista a Portugal Júnior a celebrar os vindeiros 31 de xullo e 1 e 2 de agosto.
Esta volta consta de tres etapas e imos ter a sorte de poder contemplalas en directo xa que se van disputar no norte de Portugal.
A primeira etapa consta de 92,2 Kms. entre Penafiel e Maia.
A segunda vai ser a que imos ter mais perto xa que parte de Esposende para rematar en Braga con 104,6 Kms.
A terceira e última etapa discurirá entre Vieira do Minho e a Serra do Larouco (Montalegre) con 95,7 Kms.

ZAIDA GAÑA O CIRCUITO FESTAS DE AMARANTE (PORTUGAL)

A Cadete Zaida González voltou o mais alto do Pódio e desta vez foi en terras portuguesas co gallo do Circuito Festas de Lousada que se disputou na tarde de onte luns baixo un sol abrasador.
Zaida dominou toda a carreira chegando incluso a dobrar as suas rivais para cruzar a liña de meta como clara vencedora da categoría Cadete Feminina.
Os seus compañeiros masculinos comenzaban con mal pé pois a 50 metros da saída, un obstaculo na estrada orixinou unha caída entre os que se viu coinvolto Manuel Dorna que ainda que se levantou, víase obrigado o abandono polas fortes dores que sofría. Pola súa parte Ero Sobrino remataba 19º e Xoel Villa 29º.
En Júnior, Raúl Fernández saía con gañas de facerse ver por terras lusas e formou parte dunha escapada, liderando a carreira por momentos. O final remataría na 8ª posición.
Fotos da carreira


domingo, 27 de julio de 2014

ZAIDA PROCLAMASE SUBCAMPIONA DE GALICIA DE FONDO EN ESTRADA

Zaida comenzaba a súa carreira as 9:30 hora da mañán de hoxe domingo por terras do Barbanza e despois dunha gran carreira e de 1 hora, 11 minutos e 5 segundos na bicicleta, facía a súa entrada na Praza de Galicia de Boiro na segunda posición que lle valía para conquistar o Subcampionato de Galicia de Fondo en Estrada da categoría Cadete Feminino.
Os seus compañeiros masculinos remataban con Xoel Villa no 19º posto, Manuel Dorna no 21º i Ero Sobrino no25º.
Polo que respeita a categoría Júnior, Raúl Fernández, tamén realizaba unha grande carreira e remataba 6º a 22 segundos do gañador Xoel Dias (C.C. Compostelano).
Fotos do Campionato de Galicia.

domingo, 20 de julio de 2014

XXXII TROFEO VIRXE DO CARME (MARIN)

Na mañan de hoxe domingo os Cadetes do C.C. O Rosal desprazabanse até Marín para a disputa do XXXII Trofeo Virxe do Carme.
Despois dun percorrido por terras da comarca, o millor clasificado sería Ero Sobrino no 16º posto e Manuel Dorna no 19º mentras que Xoel Villa era baixado da carreira o perder contacto cos primeiros.
En Feminino Zaida González incomprensiblemente tamén era baixada da carreira cando marchaba na primeira posición.

PLENO DOS PRINCIPIANTES DO CLUB CICLISTA O ROSAL EN CANGAS

Cinco rosaleiros nos primeiros seis postos do Gran Premio Ciclista de Cangas da categoría de Principiantes que se disputou na tarde de onte sabado.
O primeiro clasificado era o gran favorito Yasir Martínez seguido de David Rodríguez no segundo e de Rubén Carnero que completaba o Pódio "rosaleiro" co terceiro posto. E se isto non era suficiente, David Carnero remataba 4º, Iker Rodríguez 6º, os irmans Vicente Fernández nos postos 9º e 14º para Sergio e David respectivamente e Pablo Rodríguez no 20º.
En Alevíns, traballado terceiro posto de Iago Alvarez que faltando duas voltas para o remate demarraba do pelotón para coller unha vantaxe de 50 metros pero que na derradeira volta xa exausto era alcanzado pero ainda era capaz de conservar o Pódio con ese 3º posto. Tamén moi boa a carreira dos seus compañeiros xa que Luís Mendez remataba 11º e Adrian Alonso 21º. En Féminas 2º posto de Irea Villa que non viu recompensado o seu esforzo xa que non había prémio para as Féminas.
A mesma sorte que Irea era a que lle acontecía a Infantíl  María Correa que a pesares de quedar segunda, non recibía o merecido Prémio. Os seus compañeiros masculinos remataban con Mario Fernández no 16º posto e Fran Mendez no 31º.
Fotos da carreira



domingo, 13 de julio de 2014

AGRADECEMENTO POLA COLABORACION PRESTADA NOS CAMPIONATOS DE GALICIA




O Rosal, 13 de xullo de 2.014

                   Como por todos é sabido, na tarde de onte celebrouse en O Rosal o Campionato de Galicia de Contrareloxo Individual organizado polo Club Ciclista O Rosal en colaboración co Concello de O Rosal e a Federación Galega de Ciclismo.

Nun grandísimo esforzo organizativo o C.C. O Rosal foi capaz de sensibilizar e movilizar o pobo rosaleiro que demostrou a súa voluntariedade e vontade de apoio a un evento destas características.

Por médio desta carta aberta o C.C. O Rosal quere agradecer ao Concello de O Rosal co seu Alcalde Jesús Mº Fernández a cabeza, e a Federación Galega de Ciclismo o apoio prestado xa que sin a sua axuda a celebración deste evento íase voltar moito mais  difícil de organizar e de levar a bon término.

Agradecer tamén a incuestionable axuda que desinteresadamente prestou o Colectivo Moteiro que foron capaces de reunir na Praza do Calvario a mais de cuarenta “Moteiros” ofrecendo unha estampa espectacular e que contribuiron de forma decisiva a seguridade dos ciclistas en competición e tamén o Clube de Futbol U.D. Ribera o seu apoio prestado en forma de persoal voluntario.

Agradecer tamén os 15 voluntarios anónimos que por unha tarde se converteron en autoridades do tráfico cortando estradas e desviando os vehículos por vías alternativas. Tamén os mais de 20 voluntarios que por uhna tarde se converteron en comisarios deportivos contribuindo a que desta maneira se respetase o “xogo limpo”.

Agradecer o apoio prestado por Comunidade de Montes de Santa Mariña, Fundación O Rosal, Carpal S.L., Supermercados Froiz, A Rosaleira, Bicimarquet, Logopèdia Senti2, Ferretería Loymar,  La Caixa, ABANCA, Concello de Tomiño, Concello de A Guarda, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia, Policía Local de O Rosal e todas aquelas persoas, empresas i entidades que directa ou indirectamente colaboraron para que todo isto saíse adiante.

Por último pedir disculpas os veciños de O Rosal polas molestias que lles causamos e agradecerlles a sua comprensión por ter pechadas as estradas durante toda a tarde.

De novo gracias a todos pola vosa desinteresada colaboración.  


            Asdo.: Xoan Ramón Villa Castro            


Secretario do Club Ciclista O Rosal



 

RAUL FERNANDEZ PROCLAMASE SUBCAMPION DE GALICI BTT-XC



Despóis da festiva tarde de onte en O Rosal, hoxe de novo voltamos a festexar xa que nos Campionatos de Galicia de BTT-XC celebrados na Pobra do Brollón (Lugo), Raúl Fernández voltaba a colleitar outra Medalla e desta vez era de Prata o que lle valia para adxudicarse o título de Subcampión de Galicia de BTT-XC da categoría Júnior.
En Cadetes grandes resultados tamén os acadados polos nosos ciclistas con Xoel Villa no 10º posto i Ero Sobrino no12º mentras que a Fémina Zaida González era vítima dunha avaría mecánica que lle impedía loitar polas primeiras posicións tendo que conformarse coa 6ª praza.

MEDALLA DE BRONCE DE ZAIDA NOS CAMPIONATOS DE GALICIA CRI 2014 ORGANIZADOS POLO C.C. O ROSAL



Inesquecible tarde de ciclismo a de onte sabado en O Rosal donde o clube representante da Vila como é o Club Ciclista O Rosal facía un grandísimo esforzo organizativo coa colaboración do Concello de O Rosal e a Federación Galega de Ciclismo para que os Campionatos de Galicia de Contrareloxo Individual fosen todo un éxito coa participación de 222 ciclistas chegados de toda Galicia e donde a nosa Zaida González acadaba a Medalla de Bronce na categoría de Féminas Cadete.

A competición discurría dende a Praza do Calvario enlazando co novo Vial por donde se efectuaba a meirande parte do percorrido. Temos que sinalar que éste novo Vial denominado CG 4.2 que comunica Goián con A Guarda permaneceu pechado o trafico dende a súa inauguración do venres para poder acoller éstes Campionatos e quedando aberto o tráfico inmediatamente despois de rematada a competición e que representa un fito histórico no ciclismo galego.

No apartado deportivo comenzaban os Máster 50-60 nun circuito de 12, 500 Kms. con vitória de Manuel Prieto (C.C. Riazor) continuando coas Fémias con vitória de Irene Trabazo (C.C. Marín) en Cadetes, categoría na que a “rosaleira” Zaida González acadaba unha fantástica Medalla de Bronce. En Júnior vencía Paula Sanmartín (C.C. Vigues) i en Elite a vitória era para a porriñesa Mª Jesús Barros (C.C. Spol). . En Cadete Masculino vitória para Guillermo García (C.C. Corbelo) donde o “rosaleiro” millor clasificado era Manuel Dorna no 20º posto seguido de Ero Sobrino 29º e Xoel Villa no 32º.
A continuación o circuito ampliabase ata os 18,000 Kms. Donde na categoría de Máster 40 vencía Miguel Varela (C.C. de la Fuente). En Máster 30 vitória para Oscar Díaz (C.C. Ría de Vigo) co rosaleiro Xavier Martínez Durán (C.C. de la Fuente) no 13º posto. Jon Ander Tomé (C.C. Cambre) era o vencedor da categoría Júnior donde o noso Raul Fernández acadaba o 11º posto.
De novo ampliación do circuito ata os 25,300 Kms. Para pechar a tarde de competición con vitória de Oscar González (G.D. Froiz) en Sub-23 seguido do seu compañeiro de equipo como e o inesquecible Antonio Portela coa Medalla de Prata e que ata o ano pasado militaba no C.C. O Rosal. Outro ex do C.C. O Rosal era Alex Lomba que nunha gran demostración acadaba o 11º posto.
Remataban os Elite e vitória con sabor rosaleiro doutro ex do C.C. O Rosal como é Aser Estevez  (G.D. Froiz) co tamén ex do C.C. O Rosal Jonathan Sousa (C.C. de la Fuente) no 8º posto.

Todo un éxito para o Club Ciclista O Rosal, para o Concello de O Rosal e para o ciclismo en xeral éstes Campionatos que repetimos pasaran a historia do ciclismo rosaleiro e galego.

domingo, 6 de julio de 2014

VITORIA DE DAVID RODRIGUEZ E TERCEIRO POSTO DE RUBEN CARNERO EN TEIS


Intensísima fin de semana do Club Ciclista O Rosal con catro frentes abertos en distintos puntos como eran o venres na Casa do Concello, sabado en Viveiro e Jaén e o domingo en Teis e Jaén.

Comenzabamos o venres coa presentación dos Campionatos de Galicia de Contrareloxo que imos organizar na nova Vía de Alta Capacidade.
Nesta presentación  asitía o Presidente do C.C. O Rosal Gerardo Alvarez, o alcalde de O Rosal, presidente da Comunidade de Monte de Santa Mariña, Director Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, alcalde de A Guarda, Xefe Territorial de Deportes da Deputación de Pontevedra, Xerente da Federación Galega de Ciclismo e outras personalidades.

Xa no sabado día 5 en Viveiro disputabase a Cronoescalada o Mirador de San Roque no que os Cadetes Ero Sobrino, Manuel Dorna e Xoel Villa acadaban os 14º,17º e 18º postos respectivamente mentras que o Júnior Raúl Fernández remataba no 6º posto. A vitória en Elite era para o exC.C. O Rosal Aser Estevez.

Hoxe domingo en Teis en Principiantes gran vitória de David Rodríguez acompañado no Pódio polo seu compañeiro Rubén Carnero no 3º posto, Iker Rodríguez 12º, David Carnero 13º e Yasir Martínez que inesperadamente cometía dous erros, remataba 23º pero que logo mais tarde se recompoñia para acadar o 3º posto nuha proba en liña.
En Alevíns Iago Alvarez voltaba a quedar 6º, Luis Mendez 16º, Adrian Alonso que vai demostrando a súa progresión era 26º e en Féminas ainda que non habia premios, Laura Teniente era 4ª, Sara Alvarez 5ª e Irea Villa 6ª.
En Infantís  Mario Fernández remataba 20º, Fran Mendez 25º e David Fletcher 33º.
En Cadetes un gran Manuel Dorna que loitou ata o derradeiro momento polas primeiras posición rematou 10º e Xoel Villa 17º. Ero Sobrino que marchaba na cabeza da carreira sofría unha caida que o obrigaba o abandono.

En canto as nosas dúas representantes no Campionato de España en Idade Escolar que se disputaron en Jaén e defendendo as cores da Selección Galega, no sabado a Infantil María Correa nuha Ximcana que realizaban, remataba 49º e a Cadete Zaida González en Contrareloxo por Equipos finalizaba nun gran 6º posto.
Hoxe domingo nas probas en Liña María remataba 36ª en Infantís e Zaida 34ª en Cadetes.

O vindeiro sabado a partir das 15:00 horas, gran cita cos Campionatos de Galicia de Contrareloxo Individual organizados polo C.C. O Rosal con saída e chegada na Praza do Calvario.
Fotos de Viveiro
Fotos de Teis
Presentación Campionatos de Galicia Infomiño
Presentación Campionatos de Galicia Juan Ramón O Rosal

martes, 1 de julio de 2014

PRESENTACION DOS CAMPIONATOS DE GALICIA DE CONTRARELOXO INDIVIDUAL




O vindeiro venres 4 de xullo as 12:30 na Casa Consistorial de O Rosal, vai ter lugar o acto de presentación dos Campeonatos de Galicia de Contrareloxo Individual de Ciclismo organizados polo Club Ciclista O Rosal e que se van disputar o vindeiro sabado 12 de xullo a partir das tres da tarde con saída e chegada na Praza do Calvario (O Rosal).