Intensísima fin de semana do Club Ciclista O Rosal con catro
frentes abertos en distintos puntos como eran o venres na Casa do Concello,
sabado en Viveiro e Jaén e o domingo en Teis e Jaén.
Comenzabamos o venres coa presentación dos Campionatos de
Galicia de Contrareloxo que imos organizar na nova Vía de Alta Capacidade.
Nesta presentación asitía
o Presidente do C.C. O Rosal Gerardo Alvarez, o alcalde de O Rosal, presidente
da Comunidade de Monte de Santa Mariña, Director Xeral de Deportes da Xunta de
Galicia, alcalde de A Guarda, Xefe Territorial de Deportes da Deputación de
Pontevedra, Xerente da Federación Galega de Ciclismo e outras personalidades.
Xa no sabado día 5 en Viveiro disputabase a Cronoescalada o Mirador
de San Roque no que os Cadetes Ero Sobrino, Manuel Dorna e Xoel Villa acadaban
os 14º,17º e 18º postos respectivamente mentras que o Júnior Raúl Fernández
remataba no 6º posto. A vitória en Elite era para o exC.C. O Rosal Aser
Estevez.
Hoxe domingo en Teis en Principiantes gran vitória de David
Rodríguez acompañado no Pódio polo seu compañeiro Rubén Carnero no 3º posto,
Iker Rodríguez 12º, David Carnero 13º e Yasir Martínez que inesperadamente
cometía dous erros, remataba 23º pero que logo mais tarde se recompoñia para
acadar o 3º posto nuha proba en liña.
En Alevíns Iago Alvarez voltaba a quedar 6º, Luis Mendez 16º,
Adrian Alonso que vai demostrando a súa progresión era 26º e en Féminas ainda
que non habia premios, Laura Teniente era 4ª, Sara Alvarez 5ª e Irea Villa 6ª.
En Infantís Mario
Fernández remataba 20º, Fran Mendez 25º e David Fletcher 33º.
En Cadetes un gran Manuel Dorna que loitou ata o derradeiro
momento polas primeiras posición rematou 10º e Xoel Villa 17º. Ero Sobrino que
marchaba na cabeza da carreira sofría unha caida que o obrigaba o abandono.
En canto as nosas dúas representantes no Campionato de
España en Idade Escolar que se disputaron en Jaén e defendendo as cores da
Selección Galega, no sabado a Infantil María Correa nuha Ximcana que
realizaban, remataba 49º e a Cadete Zaida González en Contrareloxo por Equipos
finalizaba nun gran 6º posto.
Hoxe domingo nas probas en Liña María remataba 36ª en Infantís
e Zaida 34ª en Cadetes.
O vindeiro sabado a partir das 15:00 horas, gran cita cos Campionatos
de Galicia de Contrareloxo Individual organizados polo C.C. O Rosal con saída e
chegada na Praza do Calvario.
Fotos de ViveiroFotos de Teis
Presentación Campionatos de Galicia Infomiño
Presentación Campionatos de Galicia Juan Ramón O Rosal
No hay comentarios:
Publicar un comentario