Cinco rosaleiros nos primeiros seis postos do Gran Premio Ciclista de Cangas da categoría de Principiantes que se disputou na tarde de onte sabado.
O primeiro clasificado era o gran favorito Yasir Martínez seguido de David Rodríguez no segundo e de Rubén Carnero que completaba o Pódio "rosaleiro" co terceiro posto. E se isto non era suficiente, David Carnero remataba 4º, Iker Rodríguez 6º, os irmans Vicente Fernández nos postos 9º e 14º para Sergio e David respectivamente e Pablo Rodríguez no 20º.
En Alevíns, traballado terceiro posto de Iago Alvarez que faltando duas voltas para o remate demarraba do pelotón para coller unha vantaxe de 50 metros pero que na derradeira volta xa exausto era alcanzado pero ainda era capaz de conservar o Pódio con ese 3º posto. Tamén moi boa a carreira dos seus compañeiros xa que Luís Mendez remataba 11º e Adrian Alonso 21º. En Féminas 2º posto de Irea Villa que non viu recompensado o seu esforzo xa que non había prémio para as Féminas.
A mesma sorte que Irea era a que lle acontecía a Infantíl María Correa que a pesares de quedar segunda, non recibía o merecido Prémio. Os seus compañeiros masculinos remataban con Mario Fernández no 16º posto e Fran Mendez no 31º.
Fotos da carreira
No hay comentarios:
Publicar un comentario