O Rosal, 13 de xullo de 2.014
Como por todos é sabido, na tarde de onte
celebrouse en O Rosal o Campionato de Galicia de Contrareloxo Individual
organizado polo Club Ciclista O Rosal en colaboración co Concello de O Rosal e
a Federación Galega de Ciclismo.
Nun grandísimo esforzo
organizativo o C.C. O Rosal foi capaz de sensibilizar e movilizar o pobo
rosaleiro que demostrou a súa voluntariedade e vontade de apoio a un evento
destas características.
Por médio desta carta aberta
o C.C. O Rosal quere agradecer ao Concello de O Rosal co seu Alcalde Jesús Mº
Fernández a cabeza, e a Federación Galega de Ciclismo o apoio prestado xa que
sin a sua axuda a celebración deste evento íase voltar moito mais difícil de organizar e de levar a bon
término.
Agradecer tamén a
incuestionable axuda que desinteresadamente prestou o Colectivo Moteiro que
foron capaces de reunir na Praza do Calvario a mais de cuarenta “Moteiros”
ofrecendo unha estampa espectacular e que contribuiron de forma decisiva a
seguridade dos ciclistas en competición e tamén o Clube de Futbol U.D. Ribera o
seu apoio prestado en forma de persoal voluntario.
Agradecer tamén os 15
voluntarios anónimos que por unha tarde se converteron en autoridades do
tráfico cortando estradas e desviando os vehículos por vías alternativas. Tamén
os mais de 20 voluntarios que por uhna tarde se converteron en comisarios deportivos
contribuindo a que desta maneira se respetase o “xogo limpo”.
Agradecer o apoio prestado
por Comunidade de Montes de Santa Mariña, Fundación O Rosal, Carpal S.L.,
Supermercados Froiz, A Rosaleira, Bicimarquet, Logopèdia Senti2, Ferretería
Loymar, La Caixa, ABANCA, Concello de
Tomiño, Concello de A Guarda, Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia,
Policía Local de O Rosal e todas aquelas persoas, empresas i entidades que
directa ou indirectamente colaboraron para que todo isto saíse adiante.
Por último pedir disculpas os
veciños de O Rosal polas molestias que lles causamos e agradecerlles a sua comprensión por ter pechadas as
estradas durante toda a tarde.
De novo gracias a todos pola
vosa desinteresada colaboración.
Asdo.: Xoan Ramón Villa
Castro
Secretario do Club
Ciclista O Rosal
No hay comentarios:
Publicar un comentario