Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 19 de enero de 2015

ZAIDA GAÑA A COPA DE PORTUGAL E RAÚL SEGUNDO NA SUA DESPEDIDA


Coa proba de oxe en Sobrado, concello de Valongo e polo medio dos viñedos de Quinta das Arcas, dabase por rematada a Copa de Portugal na que se ian decidir os gañadores e gañadoras. Zaida tan só precisaba dun punto e Raúl a vitória para traer para O Rosal a Copa das suas respectivas categorías.

Comenzaba a Fémina Cadete, María Correa que de novo tiña que ceder ante a presión das suas rivais portuguesas e remataba 4ª, mesma posición na clasificación final.
O mesmo tempo que María participaba Zaida González na categoría Juventude (Sub23 e Júnior) e de novo voltaba a vencer facendo desta maneira pleno total o vencer nas catro carreiras e desta maneira gañar por terceiro ano consecutivo a Copa de Portugal xa que tanto o ano pasado como fai dos anos xa tiña vencido en Cadete.

En canto os Júnior, Xoel Villa remataba 7º i Ero Sobrino 8º  quedando Xoel no 9º posto i Ero no 11º na clasificación final, abolosdous cunha carreira menos.

A carreira que máis se esperaba era a de Elite pois o título estaba por decidir entre o portugués Vitor Santos e Raúl Fernández pois o que gañase a carreira gañaría a Copa e dende logo que o espectaculo pagou a pena pois a carreira foi un man a man entre os dous decantadose do lado do portugués o engancharse Raúl nos últimos metros cun corredor dobrado, rematando segundo a tres segundos de Vitor Santos que se levaría a Copa e o segundo posto da mesma era para Raúl.
Con esta carreira dase por finalizada a tempada de Ciclocróss e o mesmo tempo tamén supoñía a despedida de Raúl do Club Ciclista O Rosal, pois o pasar a categoría de Sub 23 vai defender as cores do Grupo Deportivo Froiz donde se atopará cos seus excompañeiros no C.C. O Rosal como son os inesquecibles Alex Lomba e Toñi Portela.
Desexamoslle a millor das sortes para eles tres.

lunes, 12 de enero de 2015

RAÚL DOBRE MEDALLA DE BRONCE NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCRÓSS

Tal e como reza no encabezado, de novo Raúl Fernández nos daba duas grandes alegrías o traer para O Rosal duas novas Medallas de Bronce nos Campionatos de España de Ciclocróss en Gijón defendendo as cores da Selección Galega.

Todo comenzaba o venres día 9 coa categoría de Relevos (Team Relay) na que en cada selección compite un Cadete, un Júnior, un Sub 23 (Raúl), un Elite un Máster e unha Fémina e aquí Raúl voltaba a realizar outra grande prestación o acadar o millor tempo dos Sub 23 e desta maneira cotribuir co resto de compañeiros de selección a traerse esa traballada Medalla de Bronce.

No sabado 10 era a Fémina Júnior, Zaida González quien entraba en competición defendendo tamén as cores da Selección realizando unha gran actuación o rematar no 15º posto.

Pola tarde era a volta da Promoción na que tomaban parte os Infantís Iago Alvarez e Mario Fernández na que Mario entraba na 9ª posición mentras que Iago era 14ª.

Remataban estes campionatos na xornada do domingo nun circuito que non tiña nada que ver co dos días anteriores pois a choiva caída durante a noite e boa parte da mañán, deixou un trazado para eróes como Xoel Villa i Ero Sobrino que eran os que defendían as cores do Club Ciclista O Rosal e que loitando contra as avarías mecánicas e non cambiar de bicicleta en toda a carreira, remataban nos postos 48º para Xoel e 49º para Ero. Merecen a Medalla a Conbatividade.

Coa categoría de Sub 23 remataba a representacíon rosaleira e alí estaba de novo Raúl e de novo defendendo a Selección Galega e disposto a dar batalla os grandes favoritos a pesar de ser o seu primeiro ano na categoría.
Partíu Raúl un chisco retrasado nos primeiros metros para logo ir subindo posicións e alcanzar por momentos o segundo posto para logo segundo foi avanzando a carreira, un dos grandes favoritos como era Felipe Orts facerse con esa segunda posición aproveitando os problemas de equilibrio de Raúl por mor do terreo. Con todo isto Raúl baixaba ata a cuarta posición para na derradeira volta e a escasos metros da liña de meta adiantar o cántabro Adrián García que sofría problemas mecánicos e desta maneira voltar a facer história para O Rosal, o seu Club e a Selección Galega acadando a segunda Medalla de Bronce destes Campionatos.
Grandes Raúl, Ero, Xoel, Zaida, Mario e Iago
Fotos dos Campionatos

domingo, 4 de enero de 2015

RAÚL QUEDA SEGUNDO NO PREVIO DO CAMPIONATO DE ESPAÑA


Na mañán de oxe no Parque de Los Pericones en Gijón (Asturias) disputabase unha proba do calendario asturiano de ciclocróss no mesmo circuito que a vindeira fin de semana vai albergar os Campionatos de España de Ciclocróss e por tal motivo Zaida González e Raúl Fernández desprazaronse ate alí para unha toma de contacto xa que ademais tanto Zaida como Raúl veñen de ser convocados pola Selección Galega para participar nos mesmos.

Zaida tomaba a saída na categoría de Júnior Feminino e acadaba a 9ª praza da clasificación mentras que Raúl en Sub 23 tiña unha prestación mais destacada e facíase co segundo posto que esperamos sexa un bo sinal para o Campionato de España, ainda que non o vai ter fácil xa que éste é o seu primeiro ano na categoría e alí van estar os máis fortes do panorama nacional.

Lembramos que Raúl é o vixente Campión de España Júnior polo que tanto a él como a Zaida, María, Ero, Xoel, Mario e Iago lles desexamos moita sorte.
Fotos da carreira