Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 4 de enero de 2015

RAÚL QUEDA SEGUNDO NO PREVIO DO CAMPIONATO DE ESPAÑA


Na mañán de oxe no Parque de Los Pericones en Gijón (Asturias) disputabase unha proba do calendario asturiano de ciclocróss no mesmo circuito que a vindeira fin de semana vai albergar os Campionatos de España de Ciclocróss e por tal motivo Zaida González e Raúl Fernández desprazaronse ate alí para unha toma de contacto xa que ademais tanto Zaida como Raúl veñen de ser convocados pola Selección Galega para participar nos mesmos.

Zaida tomaba a saída na categoría de Júnior Feminino e acadaba a 9ª praza da clasificación mentras que Raúl en Sub 23 tiña unha prestación mais destacada e facíase co segundo posto que esperamos sexa un bo sinal para o Campionato de España, ainda que non o vai ter fácil xa que éste é o seu primeiro ano na categoría e alí van estar os máis fortes do panorama nacional.

Lembramos que Raúl é o vixente Campión de España Júnior polo que tanto a él como a Zaida, María, Ero, Xoel, Mario e Iago lles desexamos moita sorte.
Fotos da carreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario