Tal e como reza no encabezado, de novo Raúl Fernández nos daba duas grandes alegrías o traer para O Rosal duas novas Medallas de Bronce nos Campionatos de España de Ciclocróss en Gijón defendendo as cores da Selección Galega.
Todo comenzaba o venres día 9 coa categoría de Relevos (Team Relay) na que en cada selección compite un Cadete, un Júnior, un Sub 23 (Raúl), un Elite un Máster e unha Fémina e aquí Raúl voltaba a realizar outra grande prestación o acadar o millor tempo dos Sub 23 e desta maneira cotribuir co resto de compañeiros de selección a traerse esa traballada Medalla de Bronce.
No sabado 10 era a Fémina Júnior, Zaida González quien entraba en competición defendendo tamén as cores da Selección realizando unha gran actuación o rematar no 15º posto.
Pola tarde era a volta da Promoción na que tomaban parte os Infantís Iago Alvarez e Mario Fernández na que Mario entraba na 9ª posición mentras que Iago era 14ª.
Remataban estes campionatos na xornada do domingo nun circuito que non tiña nada que ver co dos días anteriores pois a choiva caída durante a noite e boa parte da mañán, deixou un trazado para eróes como Xoel Villa i Ero Sobrino que eran os que defendían as cores do Club Ciclista O Rosal e que loitando contra as avarías mecánicas e non cambiar de bicicleta en toda a carreira, remataban nos postos 48º para Xoel e 49º para Ero. Merecen a Medalla a Conbatividade.
Coa categoría de Sub 23 remataba a representacíon rosaleira e alí estaba de novo Raúl e de novo defendendo a Selección Galega e disposto a dar batalla os grandes favoritos a pesar de ser o seu primeiro ano na categoría.
Partíu Raúl un chisco retrasado nos primeiros metros para logo ir subindo posicións e alcanzar por momentos o segundo posto para logo segundo foi avanzando a carreira, un dos grandes favoritos como era Felipe Orts facerse con esa segunda posición aproveitando os problemas de equilibrio de Raúl por mor do terreo. Con todo isto Raúl baixaba ata a cuarta posición para na derradeira volta e a escasos metros da liña de meta adiantar o cántabro Adrián García que sofría problemas mecánicos e desta maneira voltar a facer história para O Rosal, o seu Club e a Selección Galega acadando a segunda Medalla de Bronce destes Campionatos.
Grandes Raúl, Ero, Xoel, Zaida, Mario e Iago
Fotos dos Campionatos
No hay comentarios:
Publicar un comentario