Coa proba de oxe en Sobrado, concello de Valongo e polo
medio dos viñedos de Quinta das Arcas, dabase por rematada a Copa de Portugal
na que se ian decidir os gañadores e gañadoras. Zaida tan só precisaba dun
punto e Raúl a vitória para traer para O Rosal a Copa das suas respectivas categorías.
Comenzaba a Fémina Cadete, María Correa que de novo tiña que
ceder ante a presión das suas rivais portuguesas e remataba 4ª, mesma posición
na clasificación final.
O mesmo tempo que María participaba Zaida González na
categoría Juventude (Sub23 e Júnior) e de novo voltaba a vencer facendo desta
maneira pleno total o vencer nas catro carreiras e desta maneira gañar por
terceiro ano consecutivo a Copa de Portugal xa que tanto o ano pasado como fai
dos anos xa tiña vencido en Cadete.
En canto os Júnior, Xoel Villa remataba 7º i Ero Sobrino 8º quedando Xoel no 9º posto i Ero no 11º na
clasificación final, abolosdous cunha carreira menos.
A carreira que máis se esperaba era a de Elite pois o título
estaba por decidir entre o portugués Vitor Santos e Raúl Fernández pois o que
gañase a carreira gañaría a Copa e dende logo que o espectaculo pagou a pena pois
a carreira foi un man a man entre os dous decantadose do lado do portugués o
engancharse Raúl nos últimos metros cun corredor dobrado, rematando segundo a
tres segundos de Vitor Santos que se levaría a Copa e o segundo posto da mesma
era para Raúl.
Con esta carreira dase por finalizada a tempada de Ciclocróss
e o mesmo tempo tamén supoñía a despedida de Raúl do Club Ciclista O Rosal,
pois o pasar a categoría de Sub 23 vai defender as cores do Grupo Deportivo
Froiz donde se atopará cos seus excompañeiros no C.C. O Rosal como son os inesquecibles
Alex Lomba e Toñi Portela.
Desexamoslle a millor das sortes para eles tres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario