O vindeiro sabado 6 de xuño e a partires das 17:00 horas dará comenzo na Praza do Calvario o X Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña d´O Rosal organizado polo Club Ciclista O Rosal en colaboración coa propia Comunidade de Montes, Concello do Rosal, Conservas Vexetáis A Rosaleira así como outras firmas da vila que tamén aportan o seu "grao de area".
As probas van comenzar cunha Ximcana para as categorías de Promesas e Principiantes para de seguido dar paso as probas en estrada para as categorías de Alevín (3 voltas), Infantíl (7 Voltas), Cadete (15 voltas) e Júnior (25 voltas) sobre un percorrido de 1,6 Kms con saída e chegada na Praza do Calvario e discurrindo polas rúas Simón del Mazo, Morraceira, Gandarela, estrada de Santa Ana e Xesús Noia. Éstas rúas van estar cortadas o trafico polo que dende o Club Ciclista O Rosal pedimos disculpas os veciños polos atrancos que se lles poida causar e o mesmo tempo aproveitamos para convidalos a disfrutar do espectáculo do ciclismo dos máis "cativos" e o millor de todo é que é de valde. Contamos con todos vós.
Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 31 de mayo de 2015
PODIOS DE MARÍA EN PADRÓN E DE ZAIDA EN CAMBRE
Na mañán de onte sábado o noso equipo desprazábase até Padrón para disputar o Trofeo Sponsor.
Iker Rodriguez cometía un erro na sua Ximcana e quedaba relegado o 5º posto cando aspiraba o Pódio da sua categoría.
En Alevíns o millor clasificado era Luís Mendez que nunha boa carreira acadaba o 8º posto seguido de Adrian Alonso 13º, Sergio Vicente que en momentos liderou a carreira remataba 14º, David Rodríguez 19º e Yasir Martínez 23º.
En Infantís Diego Santomé acadaba o 25º posto e Iago Alvarez o 27º mentras que a Fémina Irea Villa era 7ª.
Remataban os cadetes e Manuel Dorna ofrecíanos unha gran actuación xa que en compañia de Andrés Da Silva (E.C. Redondela) estiveron escapados dende a saída até a volta nº 20 para despois seren alcanzados polo pelotón e rematar finalmente no 22º posto.
De seguido era María Correa a que nos brindaba o único Pódio colleitado nesta xornada acadando o terceiro posto en Cadete Feminino.
Pola tarde Zaida González e Adrián Santomé competían no XV G.P. Concello de Cambre de BTT e Zaida obtíña un gran 2º posto que lle valía para subir o "caixón" de Júnior Feminino mentras que en Masculino Adrián remataba 7º.
Fotos de Padrón
Fotos de Cambre por Ludi Martínez
domingo, 24 de mayo de 2015
VITORIA DE ZAIDA EN CARBALLO QUE PASA A LIDERAR O RANKING
Disputabase na tarde de onte o Trofeo Concello de Carballo (A Coruña) cos seguintes resultados:
En Alevins o noso representante era Adrián Alonso que remataba no 17º posto mentras que en Infantís Mario Fernández se facía co 11º posto e Diego Santomé co 20º.
En Cadetes Manuel Dorna colleitaba o 26º posto mentras que a Fémina María Correa era 5ª.
Ramataban os Junior con Adrian Santomé que mediada a carreira quedaba descolgado da cabeza i era baixado da mesma mentras que Ero Sobrino sofría unha avaría mecánica que o obrigaba o abandono.
Gran carreira a da Fémina Júnior Zaida González que se facía coa vitória da categoría, o que tamén lle valía para facerse co "maillot" de líder do ranking.
Fotos de Ludi Martínez.
lunes, 18 de mayo de 2015
XVII TROFEO DA ASCENSION (SANTIAGO)
No sabado dia 16 disputabase nos arredores da Cidade da "Cultura" en Santiago o XVII Trofeo da Ascensión e estabamos a espera das clasificacións para poder facer a crónica, pero en vista de que a día de oxe (luns) ainda non foron feitas públicas solo nos queda salientar o debut da nova incorporación do Club Ciclista O Rosal, Diego Santomé Pérez (na foto) na categoría Infantil seguindo así os pasos do seu irmán Adrián que se incorporou nos inicios da tempada.
En Alevíns participaron Yasir Martínez, Sergio Vicente, Luís Mendez e David Rodríguez.
En Infantís os que tomaban a saída eran Mario Fernández, Diego Santomé e David Fetcher.
En Cadetes era María Correa a nosa representante mentras que Zaida González o facía en Junior.
Fotos de Ludi Martínez
domingo, 10 de mayo de 2015
PÓDIO DE IREA VILLA EN BOIRO
A de onte foi unha intensa xornada de ciclismo con tres
frentes.
Pola mañán unha parte do equipo desprazabamonos até o
Concello de Rois na provincia de A Coruña donde tiña lugar a disputa do VIII
Trofeo San Isidro para a categoría de Júnior con Adrián Santomé, Ero Sobrino e
Xoel Villa que tiñan unha actuación un tanto deslucida pois sagundo se foi
desenrolando a carreira quedaron descolgados da cabeza i eran baixados da
mesma, rematando así a carreira.Unha vez rematada e a modo de entreno voltaban
a coller as bicicletas para pedalar durante 45 Kms. até terras do Barbanza
donde pola tarde se disputaba o XXVIII Promoción de Ciclismo Boiro para
Principiantes, Alevíns, Infantís e Cadetes.
En Principiantes o noso representante era David Vicente que
cometía dous erros na Ximcana que o relegaban o 14º posto.
En Alevíns o “rosaleiro” mais rápido era Adrián Alonso no
12º posto seguido de David Rodríguez no 17º e Sergio Vicente no 18º.
En Infantís Mario Fernández voltaba a facer unha boa
carreira “circulando” durante trece voltas en postos de cabeza para nas duas
derradeiras voltas ceder terreo e rematar no 11º posto.
A súa compañeira de categoría Irea Villa era a encarregada
de traer para O Rosal o único trofeo acadado na xornada o rematar no terceiro
posto de Pódio en Féminas.
Tamén pola tarde o directivo Jenaro González realizaba a
viaxe até Marín con Zaida González e María Correa que tomarían parte no Trofeo
Ría de Marín - Copa de España Féminas no que Zaida na categoría Júnior quedaba
descolgada do grupo principal i era baixada da carreira, mentras que María en
Cadete remataba nunha meritória 21ª posición.
viernes, 1 de mayo de 2015
RUBEN CARNERO SOBE O PODIO EN PORRIÑO
Na mañán de oxe en Porriño e baixo a chuvia, disputábase o XXXVIII TROFEO VILA DO LOURO.
Comenzaban os "ximcaneiros" da categoría de Principiantes e Rubén Carnero facíase co 2º posto do Pódio seguido de Iker Rodríguez no 5º, David Carnero no 6º, Pablo Rodríguez no 14º e David Vicente no 23º.
En Alevíns suliñar a gran carreira de Adrián Alonso que marchou durante toda a carreira no grupo de cabeza para logo rematar no12º posto e Sergio Vicente que debutaba na categoría colleitaba un prometedor 22º lugar na clasificación.
En Infantís Iago Alvarez remataba 27º mentras que a Fémina Irea Villa era 9ª.
Fotos da carreira.
Comenzaban os "ximcaneiros" da categoría de Principiantes e Rubén Carnero facíase co 2º posto do Pódio seguido de Iker Rodríguez no 5º, David Carnero no 6º, Pablo Rodríguez no 14º e David Vicente no 23º.
En Alevíns suliñar a gran carreira de Adrián Alonso que marchou durante toda a carreira no grupo de cabeza para logo rematar no12º posto e Sergio Vicente que debutaba na categoría colleitaba un prometedor 22º lugar na clasificación.
En Infantís Iago Alvarez remataba 27º mentras que a Fémina Irea Villa era 9ª.
Fotos da carreira.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)