A de onte foi unha intensa xornada de ciclismo con tres
frentes.
Pola mañán unha parte do equipo desprazabamonos até o
Concello de Rois na provincia de A Coruña donde tiña lugar a disputa do VIII
Trofeo San Isidro para a categoría de Júnior con Adrián Santomé, Ero Sobrino e
Xoel Villa que tiñan unha actuación un tanto deslucida pois sagundo se foi
desenrolando a carreira quedaron descolgados da cabeza i eran baixados da
mesma, rematando así a carreira.Unha vez rematada e a modo de entreno voltaban
a coller as bicicletas para pedalar durante 45 Kms. até terras do Barbanza
donde pola tarde se disputaba o XXVIII Promoción de Ciclismo Boiro para
Principiantes, Alevíns, Infantís e Cadetes.
En Principiantes o noso representante era David Vicente que
cometía dous erros na Ximcana que o relegaban o 14º posto.
En Alevíns o “rosaleiro” mais rápido era Adrián Alonso no
12º posto seguido de David Rodríguez no 17º e Sergio Vicente no 18º.
En Infantís Mario Fernández voltaba a facer unha boa
carreira “circulando” durante trece voltas en postos de cabeza para nas duas
derradeiras voltas ceder terreo e rematar no 11º posto.
A súa compañeira de categoría Irea Villa era a encarregada
de traer para O Rosal o único trofeo acadado na xornada o rematar no terceiro
posto de Pódio en Féminas.
Tamén pola tarde o directivo Jenaro González realizaba a
viaxe até Marín con Zaida González e María Correa que tomarían parte no Trofeo
Ría de Marín - Copa de España Féminas no que Zaida na categoría Júnior quedaba
descolgada do grupo principal i era baixada da carreira, mentras que María en
Cadete remataba nunha meritória 21ª posición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario