O vindeiro sabado 6 de xuño e a partires das 17:00 horas dará comenzo na Praza do Calvario o X Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña d´O Rosal organizado polo Club Ciclista O Rosal en colaboración coa propia Comunidade de Montes, Concello do Rosal, Conservas Vexetáis A Rosaleira así como outras firmas da vila que tamén aportan o seu "grao de area".
As probas van comenzar cunha Ximcana para as categorías de Promesas e Principiantes para de seguido dar paso as probas en estrada para as categorías de Alevín (3 voltas), Infantíl (7 Voltas), Cadete (15 voltas) e Júnior (25 voltas) sobre un percorrido de 1,6 Kms con saída e chegada na Praza do Calvario e discurrindo polas rúas Simón del Mazo, Morraceira, Gandarela, estrada de Santa Ana e Xesús Noia. Éstas rúas van estar cortadas o trafico polo que dende o Club Ciclista O Rosal pedimos disculpas os veciños polos atrancos que se lles poida causar e o mesmo tempo aproveitamos para convidalos a disfrutar do espectáculo do ciclismo dos máis "cativos" e o millor de todo é que é de valde. Contamos con todos vós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario