Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 31 de mayo de 2015

PODIOS DE MARÍA EN PADRÓN E DE ZAIDA EN CAMBRE


Na mañán de onte sábado o noso equipo desprazábase até Padrón para disputar o Trofeo Sponsor.

Iker Rodriguez cometía un erro na sua Ximcana e quedaba relegado o 5º posto cando aspiraba o Pódio da sua categoría.

En Alevíns o millor clasificado era Luís Mendez que nunha boa carreira acadaba o 8º posto seguido de Adrian Alonso 13º, Sergio Vicente que en momentos liderou a carreira remataba 14º, David Rodríguez 19º e Yasir Martínez 23º.

En Infantís Diego Santomé acadaba o 25º posto e Iago Alvarez o 27º mentras que a Fémina Irea Villa era 7ª.

Remataban os cadetes e Manuel Dorna ofrecíanos unha gran actuación xa que en compañia de Andrés Da Silva (E.C. Redondela) estiveron escapados dende a saída até a volta nº 20 para despois seren alcanzados polo pelotón e rematar finalmente no 22º posto.
De seguido era María Correa a que nos brindaba o único Pódio colleitado nesta xornada acadando o terceiro posto en Cadete Feminino.

Pola tarde Zaida González e Adrián Santomé competían no XV G.P. Concello de Cambre de BTT e Zaida obtíña un gran 2º posto que lle valía para subir o "caixón" de Júnior Feminino mentras que en Masculino Adrián remataba 7º.
Fotos de Padrón 
Fotos de Cambre por Ludi Martínez

No hay comentarios:

Publicar un comentario