Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 29 de junio de 2015

MEDALLA DE PRATA PARA ZAIDA NO CAMPIONATO DE GALICIA DE BTT


Sin tempo para descansar, na mañán de onte domingo catro d@s nos@s ciclistas enprendían camiño de Maceda para participar no Campionato de Galicia de BTT-XC e xa a primeiras horas da tarde voltaban cunha Medalla de Prata.

En Cadete Feminino María Correa acadaba un gran 6º posto mentras que en Masculino Manuel Dorna tamen acadaba outro posto destacado o rematar 10º.

Remataban os Júnior i Ero Sobrino facíase ver o colleitar un gran 6º posto.
De novo de mans de Zaida González chegaba a Medalla de Prata o proclamarse Subcampiona de Galicia nunha gran carreira na que loitou continuamente para acadar postos de pódio.
Fotos de Ludi Martínez

3ª VOLTA CONCELLO DE NEGREIRA CON ZAIDA NO SEGUNDO POSTO

Na tarde do sábado en Negreira voltabamos a conquistar outro pódio.

Diego Santomé era o Infantil millor clasificado pois liderou a carreira o inicio pero segundo ian pasando as voltas, foise afundindo para rematar no 16º posto mentras que Iago Alvarez era 29º. En Féminas Irea Villa remataba 5ª.

En Cadete Manuel Dorna acadaba o 17º posto mentras que María Correa era 4ª en Féminas.

Remataban os Júnior e aquí Zaida González voltaba a subir o pódio o rematar na 2º posición mentras que os seus compañeiros masculinos Ero Sobrino e Xoel Villa remataban 19º e 20º respectivamente
Fotos da carreira

domingo, 21 de junio de 2015

ZAIDA VENCE EN VIVEIRO E MARIA ACADA O TERCEIRO POSTO


Onte sabado pola tarde tres integrantes da nosa plantilla competían no 32º Trofeo San Roque de Viveiro con grandes resultados de novo.

En Infantís bon resultado de Diego Santomé que vai demostrando a sua adaptación o ciclismo despois de ter debutado coa temporada xa iniciada.
No estrictamente deportivo comentar que Diego fixo unha carreira moi constante pelexando sempre no pelotón para estar nos primeiros postos. Nas derradeiras voltas quedábase un chisco descolgado e remataba a carreira no 15º posto.

En canto as Féminas María Correa e Zaida González disputaban a sua carreira conxuntamente cos Cadetes Masculinos na que María quedaba algo retrasada para loitar polo Podio nun gran sprint final acadando o terceiro posto de Cadete Feminino, mentras que Zaida aguantaba cos "rapaces masculinos" ata as derradeiras voltas o que lle valía para facerse coa vitória de Júnior Feminino.
Fotos de Ludi Martínez

lunes, 15 de junio de 2015

I MINIBTT DE CAMPELO (POIO)

Como esta fin de semana non había competición de estrada, catro dos nosos ciclistas aproveitaban para participar no I MiniBTT de Campelo no concello de Poio, donde se defenderon con moita honra a pesar de sair todos eles nos derradeiros postos por non ter asistido a carreiras anteriores.

En Principiantes Iker Rodríguez acadaba un interesante 34º posto mentras que en Alevín, Luís Mendez tamen recuperaba moitas posicións e remataba 25º.

En Infantís eran dous os "rosaleiros" os que tomaban a saída e éstes sí que recuperaban pois Mario Fernández remataba no 5º posto e Diego Santomé no 8º.
Fotos de José Carlos Fenández

domingo, 7 de junio de 2015

VITORIAS DE PABLO E IKER, SEGUNDO DE DAVID CARNERO E TERCEIRO DE ZAIDA NO TROFEO MONTES DO ROSAL




Con catro Pódios (dous deles vitórias) se saldou a participación da plantilla do Club Ciclista O Rosal que na tarde de onte sabado organizóu o X Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña nunha tarde de moito calor.
Na categoría de Promesas Pablo Rodríguez estreábase no más alto do "caixón" o sacarlle o segundo clasificado nada máis nin nada menos que 22 segundos de vantaxe e desta maneira facerse coa vitória de forma incontestable.

En Principiantes día inesquecible tamén para Iker Rodríguez que por pouco máis de 2 segundos se facía coa vitória por diante do seu compañeiro de equipo David Carnero que era segundo mentras que o irmán deste último Rubén, cometía un erro e remataba 4º o que impedía o que oubese sido un Pódio completamente "rosaleiro".

En Alevíns boa a carreira de Luís Mendez que rodaba sempre cos primeiros para o fin rematar 9º mentras que Adrián Alonso era 15º, Yasir Martínez que vai demostrando a sua adaptación a categoría era 20º, David Rodríguez 23º e Sergio Vicente vitima dunha inoportuna avaría mecánica 32º mentras que a Fémina Laura Teniente a piques estaba de conseguir trofeo o rematar na 4ª posición.

Os Infantís rodaban tamén a bon ritmo pois Mario Fernández remataba 15º seguido de Diego Santomé 16º, David Fletcher 21º e Iago Alvarez 30º mentras que a Fémina Irea Villa con outra avaría mecánica, era 7ª da sua categoría.

O Cadete Manuel Dorna era o encarregado de defendernos nesta categoría cousa que facía con honra o rematar no 11º posto despois de mostrarse nos primeiros postos durante toda a carreira.

Despois sería a volta das Féminas donde competían as categorías de Cadete e Júnior con María Correa que acadaba o 4º posto en Cadete e con Zaida González que noutra demostración de combatividade "arrincaba" outro Pódio co terceiro posto en Júnior.
Suliñar que nestas dúas categorías femininas, o Club Ciclista O Rosal en prol da igualdade no deporte, adxudicáballe os mesmos prémios en metálico que as categorías masculinas.

En canto a derradeira carreira da xornada que estaba programada para a categoría Júnior Masculina, ésta tiña que ser suspendida xa que tanto a ambulancia como o médico que prestaban a asistencia médica na proba, tiñan que sair cunha urxencia, deixando a carreira sin servicio médico polo que a realización da prova era inviable.
Fotos de Ludi Martínez e Isa Rodríguez