Como esta fin de semana non había competición de estrada, catro dos nosos ciclistas aproveitaban para participar no I MiniBTT de Campelo no concello de Poio, donde se defenderon con moita honra a pesar de sair todos eles nos derradeiros postos por non ter asistido a carreiras anteriores.
En Principiantes Iker Rodríguez acadaba un interesante 34º posto mentras que en Alevín, Luís Mendez tamen recuperaba moitas posicións e remataba 25º.
En Infantís eran dous os "rosaleiros" os que tomaban a saída e éstes sí que recuperaban pois Mario Fernández remataba no 5º posto e Diego Santomé no 8º.
Fotos de José Carlos Fenández
No hay comentarios:
Publicar un comentario