Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 7 de junio de 2015

VITORIAS DE PABLO E IKER, SEGUNDO DE DAVID CARNERO E TERCEIRO DE ZAIDA NO TROFEO MONTES DO ROSAL




Con catro Pódios (dous deles vitórias) se saldou a participación da plantilla do Club Ciclista O Rosal que na tarde de onte sabado organizóu o X Trofeo Comunidade de Montes de Santa Mariña nunha tarde de moito calor.
Na categoría de Promesas Pablo Rodríguez estreábase no más alto do "caixón" o sacarlle o segundo clasificado nada máis nin nada menos que 22 segundos de vantaxe e desta maneira facerse coa vitória de forma incontestable.

En Principiantes día inesquecible tamén para Iker Rodríguez que por pouco máis de 2 segundos se facía coa vitória por diante do seu compañeiro de equipo David Carnero que era segundo mentras que o irmán deste último Rubén, cometía un erro e remataba 4º o que impedía o que oubese sido un Pódio completamente "rosaleiro".

En Alevíns boa a carreira de Luís Mendez que rodaba sempre cos primeiros para o fin rematar 9º mentras que Adrián Alonso era 15º, Yasir Martínez que vai demostrando a sua adaptación a categoría era 20º, David Rodríguez 23º e Sergio Vicente vitima dunha inoportuna avaría mecánica 32º mentras que a Fémina Laura Teniente a piques estaba de conseguir trofeo o rematar na 4ª posición.

Os Infantís rodaban tamén a bon ritmo pois Mario Fernández remataba 15º seguido de Diego Santomé 16º, David Fletcher 21º e Iago Alvarez 30º mentras que a Fémina Irea Villa con outra avaría mecánica, era 7ª da sua categoría.

O Cadete Manuel Dorna era o encarregado de defendernos nesta categoría cousa que facía con honra o rematar no 11º posto despois de mostrarse nos primeiros postos durante toda a carreira.

Despois sería a volta das Féminas donde competían as categorías de Cadete e Júnior con María Correa que acadaba o 4º posto en Cadete e con Zaida González que noutra demostración de combatividade "arrincaba" outro Pódio co terceiro posto en Júnior.
Suliñar que nestas dúas categorías femininas, o Club Ciclista O Rosal en prol da igualdade no deporte, adxudicáballe os mesmos prémios en metálico que as categorías masculinas.

En canto a derradeira carreira da xornada que estaba programada para a categoría Júnior Masculina, ésta tiña que ser suspendida xa que tanto a ambulancia como o médico que prestaban a asistencia médica na proba, tiñan que sair cunha urxencia, deixando a carreira sin servicio médico polo que a realización da prova era inviable.
Fotos de Ludi Martínez e Isa Rodríguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario