Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 21 de junio de 2015
ZAIDA VENCE EN VIVEIRO E MARIA ACADA O TERCEIRO POSTO
Onte sabado pola tarde tres integrantes da nosa plantilla competían no 32º Trofeo San Roque de Viveiro con grandes resultados de novo.
En Infantís bon resultado de Diego Santomé que vai demostrando a sua adaptación o ciclismo despois de ter debutado coa temporada xa iniciada.
No estrictamente deportivo comentar que Diego fixo unha carreira moi constante pelexando sempre no pelotón para estar nos primeiros postos. Nas derradeiras voltas quedábase un chisco descolgado e remataba a carreira no 15º posto.
En canto as Féminas María Correa e Zaida González disputaban a sua carreira conxuntamente cos Cadetes Masculinos na que María quedaba algo retrasada para loitar polo Podio nun gran sprint final acadando o terceiro posto de Cadete Feminino, mentras que Zaida aguantaba cos "rapaces masculinos" ata as derradeiras voltas o que lle valía para facerse coa vitória de Júnior Feminino.
Fotos de Ludi Martínez
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario