Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 27 de diciembre de 2015

DIEGO ENTRA SEGUNDO E ZAIDA E SUBCAMPIONA DE GALICIA DE CICLOCRÓSS




Hoxe pola mañán no Club de Campo de Ferrol disputouse o Campionato de Galicia de Ciclocróss con dous novos Pódios, un deles en forma de Subcampionato de Galicia por parte de Zaida González.

Comenzaba a categoría de Promoción e como xa ven sendo habitual o Infantíl Diego Santomé noutra gran carreira voltaba a quedar segundo no Pódio pero dado que como o nome o dí, ésta e unha categoría de promoción polo que non lle foi adxudicado o Subcampionato de Galicia. O seu compañeiro Iago alvarez chegaba un chisco mais retrasado e entraba no 7º posto.

Continuaba a categoría Cadete e María Correa loitaba o indecíble pero tiña que contentarse co 6º posto da clasificación, o mesmo que Mario Fernández quien tamén noutra grande loita, acadaba o 5º posto.

En Júnior os nosos representantes estaban o nivel habitual e Xoel Villa entraba na 15ª posición, Adrián Santomé na 16ª i Ero Sobrino vítima de dous pinchazos na 17ª.
En Féminas era Zaida a que nos voltaba a dar outra alegría o conquistar ese Subcampionato que tanto loitou durante toda a carreira e que sen dúbida merecía. Parabéns Zaida.

Para rematar non podemos deixar de comentar o "gran"  Raúl Fernández agora enrolado no SuperFroiz que tamén se levaba a Medalla de Bronce en Sub23.

Felicitar a todos que ainda que non acadaran postos altos na clasificación, daban todo o que podían para chegar o máis alto posible.
Fotos do Campionato

No hay comentarios:

Publicar un comentario