Foto Maite Pérez
Foto de Luz Iglesias
Hoxe tocaba desprazamento o norte da comunidade co gallo do I TROFEO CONCELLO DE VIVEIRO que ademáis era a quinta proba puntuable para a Copa Galicia de Ciclocróss.
O Infantíl Diego Santomé repetía o segundo posto do Pódio como nas derradeiras carreiras polo que pensamos que debe de ser a súa estratexia para enganar os seus riváis de cara a vindeira carreira que vai ser o Campionato de Galicia en Ferrol.
En Cadetes, Mario Fernández voltaba o Pódio que abandonara en Boiro e Dumbría e nunha gran carreira remataba no 3º posto mentras que en Féminas, María Correa de novo quedaba un chisco retrasada respecto o que nos tiña acustumados e remataba na 5ª posición.
En Júnior a Fémina Zaida González disputaba a carreira que dominaba de principio a fin con grande autoridade. Éste dominio traducíase nuha merecida vitória que o mesmo tempo tamén lle valía para facerse coa camisola de "LÍDER" da Copa, mentras que en Masculino o seu compañeiro Adrián Santomé realizaba a súa millor carreira da tempada e remataba nun merecidísimo 8º posto.
Galería de Luz Iglesias
Fotos de Ludi Martínez
No hay comentarios:
Publicar un comentario