Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 7 de diciembre de 2015

DIEGO E ZAIDA LEVANSE O SEGUNDO POSTO DO PODIO EN BOIRO





Onte domingo pola mañán o borde da Ría de Arousa, concretamente en Boiro (A Coruña) disputabase o XXVIII Trofeo de Ciclocróss desta vila do Barbanza con dous novos Pódios, e donde tanto Mario como María non foron quen de defender o Maillot de líderes das suas categorías.

En Promoción  Diego Santomé voltaba a subir o “caixón” e de novo no 2º posto, ainda que agardamos con moita ansia o día en que chegue a vitória. Pola súa banda Iago Alvarez remataba 5º.

En Cadete defendíamos os dous Maillots de líderes e en femenino María Correa remataba na 6ª posición que non era suficiente para conservar o Maillot, o mesmo que Mario que tamén o perdía o rematar 4º.

Remataban as categorías de Júnior e aquí a incombustible Zaida ofrecíamos o outro Pódio o rematar na 2ª posición mentras que en Masculino o millor clasificado era Xoel Villa no 13º posto mentras que Adrián Santomé era 14º i Ero Sobrino 17º vitima dun inoportuno pinchazo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario