A xornada de onte sabado tiña tres citas para o noso equipo.
Pola mañán o Mini Btt Montes de Coruxo para as categorías de escolas e pola
tarde o mesmo Btt pero para os Júnior mentras que a Negreira (A Coruña)
desprazabase outra sección para participar na modalidade de estrada.
Pola mañán en Coruxo os participantes eran o Promesa Roi Alvarez que era 43º,
o Principiante Pablo Rodríguez33º e o
Infantil Luís Mendez 12º .
Pola tarde eran os Júnior Adrián Santomé, Xoel Villa i Ero Sobrino
que remataban 7º, 8º e 9º respectivamente.
Xa en Negreira, disfrutabamos de dous Pódios, o primeiro da
man do Principiante Iker Rodríguez que acadaba o 2º posto.
En Infantís Diego Santomé acadaría o 9º posto e Iago Alvarez
o 19º mentras que a Fémina Irea Villa acadaba a 7ª posición.
En Cadete Mario
Fernández tamén acadaba a 9ª praza mentras que en Féminas chegaba o segundo
Pódio, pois Carmen Bello que viña de proclamarse Campeona de España de Triatlón
por Autonomías, subía ata o 2º posto do “caixón” mentras que María Correa con
problemas no cambio da súa “máquina” remataba 4ª.
En canto a Júnior Feminina Zaida González ainda coa camisola
do C.C. Cidade de Lugo alzábase cunha incontestable vitória na categoría.