Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 26 de junio de 2016

IKER E CARMEN NO PÓDIO DE NEGREIRA





A xornada de onte sabado tiña tres citas para o noso equipo. Pola mañán o Mini Btt Montes de Coruxo para as categorías de escolas e pola tarde o mesmo Btt pero para os Júnior mentras que a Negreira (A Coruña) desprazabase outra sección para participar na modalidade de estrada.

Pola mañán en Coruxo os participantes eran o Promesa Roi Alvarez que era 43º, o Principiante Pablo Rodríguez33º  e o Infantil Luís Mendez 12º .
Pola tarde eran os Júnior Adrián Santomé, Xoel Villa i Ero Sobrino que remataban 7º, 8º e 9º respectivamente.

Xa en Negreira, disfrutabamos de dous Pódios, o primeiro da man do Principiante Iker Rodríguez que acadaba o 2º posto.

En Infantís Diego Santomé acadaría o 9º posto e Iago Alvarez o 19º mentras que a Fémina Irea Villa acadaba a 7ª posición.

 En Cadete Mario Fernández tamén acadaba a 9ª praza mentras que en Féminas chegaba o segundo Pódio, pois Carmen Bello que viña de proclamarse Campeona de España de Triatlón por Autonomías, subía ata o 2º posto do “caixón” mentras que María Correa con problemas no cambio da súa “máquina” remataba 4ª.

En canto a Júnior Feminina Zaida González ainda coa camisola do C.C. Cidade de Lugo alzábase cunha incontestable vitória na categoría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario