Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 12 de junio de 2016

FIN DE SEMANA DE MONTAÑA

Dobre sesión de Bici de Montaña esta fin de semana, por unha banda Cadetes e Júnior competían na tarde de onte no I Trofeo de BTT Concello de Piñor (Ourense) e pola outra as categorías de Escolas na mañán de hoxe tomaban parte no Mini BTT Ría de Marín.
En Piñor na categoría Cadete Mario Fernández remataba na 7ª praza mentras que en Júnior o millor “rosaleiro” era Adrián Santomé na sexta posición seguido de Xoel Villa na 7ª e César Cividanes na 8ª.

Polo que repecta a mañán de hoxe na Chan de Xaxán (Marín) eran cinco os nosos representantes, un Promesa, un Principiante, dous Infantís e uhna Infantil Feminina e que debido a que era a primeira participación do ano, non tiñan puntos no ranking, o que os penalizaba a hora de conformar a orde de saída e saían todos eles nas derradeiras posicións.
Comenzaba o Promesa Roi Alvarez acadando a 48ª posición na súa primeira participación nesta disciplina de Mini BTT.

En Principiante era o incombustible Iker Rodríguez o que despois dunha grande remontada remataba no 25º posto.

Pasamos a categoría de Infantís donde uns inmensos Luís Mendez e Diego Santomé nos brindaban unha grande actuación con Luís que remontaba unha vintena de posicións para rematar 17º e Diego que remontaba unha trintena para rematar nun fantástico 6º lugar.

En canto a categoría de Fémina Infantil, era Irea Villa a que nos daba unha alegría o subir o Pódio como cuarta clasificada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario