Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 19 de junio de 2016

VITORIA DE MARÍA EN VIVEIRO E QUINTO POSTO DE DIEGO EN POIO





Esta fin de semana xogábase en tres frentes como era onte sabado en Viveiro e hoxe en Santiago e Poio.

Onte en Viveiro María Correa agasallábanos cunha magnifica vitóriana categoría de Féminas Cadete, o que dalgunha maneira a recompensaba do longo desprazamento o outro extremo da comunidade galega o mesmo que o Infantíl Adrián Alonso que remetaba 17º. Parabéns María e Adri.

Tamén onte se desprazaban a Santiago varios compoñentes das categorías Júnior e Cadete para recoñecer o circuito do VIII DH Concello de Santiago no que competían hoxe pola mañán.
En Cadete Rafa Rey acadaba un bon  6º posto mentras que en Júnior Adrián Santomé remataba 8º, Cesar Cividanes 11º e Javi Santos 12º.

Tamén hoxe pola mañán competíamos no Mini Btt de Campelo (Poio) donde Roi Alvarez remataba 34º en categoría  Promesa.
En Principiante Iker Rodríguez entraba no 26º posto e Pablo Rodríguez no 35º.
Remataban os participantes de Infantís e a Fémina Irea Villa acadaba o 7º posto mentras que en Masculino Luís Mendez remontaba un “feixe” de posición e colleitaba o 13º posto con Diego Santomé que mentras loitaba polos primeiros postos sofría problemas mecánicos por dúas veces e remataba na 5ª praza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario