Pedalea con nos
Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com
domingo, 10 de julio de 2016
GRAN BOTÍN EN CANGAS CON CINCO PÓDIOS CON VITÓRIAS DE LAURA E PABLO
Na mañan de hoxe domingo o noso equipo conquistaba cinco Pódios nas categorías de Principiantes, Alevíns e Infantís.
O primeiro deles chegaba da man do Alevín Sergio Vicente que lideraba a carreira en varios momentos da mesma pero que a fin lle pasaba factura o esforzo e remataba no 3º posto seguido de Yasir Martínez que acadaba o 4º, David Rodríguez o 9º, David Carnero 14º, Rubén Carnero 15º e o debutante Miguel González 19º.
Seguían os Infantís e aquí chegarían dous novos Pódios de man das nosas Féminas pois Laura Teniente era a que se facía coa vitória secundada pola súa compañeira Irea Villa no segundo posto.
En Masculino Diego Santomé facía unha carreira idéntica a do Alevín Sergio Vicente, comandando a carreira pero que a fin non tiña o premio que merecía pois no esprin final era superado e remataba 9º seguido por duas remontadas de Iago Alvarez e Luís Mendez que remataban 12º e 13º respectivamente. Mala sorte para Adrián Alonso que nos primeiros metros sofría unha avaría mecanica que facía que entrase na 37ª posición.
Remataban os Ximcaneiros e en Promesasa a piques de subir o "caixón" estaba Roi Alvarez que remataba 4º e Lucas Alvarez no 11º.
En Principiantes gran actuación dos nosos, pois aquí chegarían os outros Pódios o acadar Pablo Rodríguez o 1º posto e Iker Rodríguez o 2º, seguidos por David Vicente no 8º i Emilio González no 11º.
O mesmo tempo en Coruxo disputabanse os Campionatos de Galicia de BTT DH (Descenso) e en Cadetes Mario Fernández acadaba a 7º posición mentras que Rafa Rey rompia a súa "máquina" e non puntuaba.
En Júnior temos a Adan Castiñeira no 10º posto, Javi Santos no 11º e Adrián Santomé no 12º mentras que Cesar Cividanes se mancaba nos adestramentos e non tomaba a saída.
En Mérida (Extremadura) a nosa cadete María Correa que participaba nos Campionatos de España en Idade Escolar remataba na 51ª posición na proba de estrada
Fotos de Cangas
Fotos de Coruxo por Paco Santomé
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario