Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 4 de julio de 2016

IKER, DAVID E MARÍA NO PÓDIO DE TEIS




O sabado pola tarde era Paco Santomé o que lle tocaba desprazar a provincia da Coruña a César Cividanes e Adrián Santomé que participarían no BTT de Oleiros donde Adrián acadaba unha brillante 5ª praza e César a 8ª.

Na mañán de onte domingo desprazámonos ate Vigo para participar no Gran Premio Ciclista de Teis con tres terceiros postos do noso equipo.

En Promesas Roi Alvarez a piques estaba de acadar o seu primeiro “caixón” o rematar no 4º posto mentras que Lucas Alvarez era 13º.

En Principiantes Iker Rodríguez de novo nos sacaba s “castañas do lume” e subía o Pódio no 3º lugar seguido dos debutantes Alvaro González i Emilio González nos postos 12º e 13º respectivamente mentras que a Fémina Irene Rodríguez tamén rozaba o Pódio o rematar 4ª.

En Alevíns un gran David Rodríguez acadaba o seu primeiro Pódio nesta categoría o rematar no 3º posto mentras que Yasir Martínez era 8º, Rubén Carnero 9º e David Carnero 14º.

Os Infantís eran comandados por Diego Santomé no 8º posto, Iago Alvarez 20º, Adrián Alonso 31º e as Féminas Laura Teniente 6ª e Irea Villa 7ª.

Pechaba a competición a categoría de Cadetes donde a Fémina María Correa nos brindaba o terceiro Pódio da mañán o rematar igual que os seus compañeiros no 3º posto mentras que en Masculino Mario Fernández acadaba o 16º posto.

Tamén na mañan de onte o Infantil Luís Mendez competía no MiniBTT do Monte Vixiador en Vigo e acadaba a 18ª posición na súa categoría.

No hay comentarios:

Publicar un comentario