Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

lunes, 18 de julio de 2016

VITORIA DE IKER E TERCEIRO POSTO DE SERGIO NO MEIXOEIRO



A xornada ciclista deste sábado remataba con dous novos Pódios dos nosos ciclistas no G.P. Meixoeiro.

Comenzaba a xornada cos Campionatos de Galicia de Fondo en Estrada en Boiro para Cadetes e Júnior.
En Júnior era Xoel Villa o encarregado de representar as nosas cores pero mediada a carreira as suas forzas esgotabanse e quedaba retrasado sendo baixado da carreira.
En Cadetes era Mario Fernández quien nos representaba. Mario facía unha boa carreira e remataba 21º.

En canto o G.P. Meixoeiro o Promesa Roi Alvarez remataba no 7º posto mentras que en Principiantes a Fémina Irene Rodríguez acadaba o 6º posto mentras que en Masculino Emilio González era 9º, Pablo Rodríguez 4º e Iker Rodríguez que se alzaba de novo co primeiro posto.

En Alevíns era Sergio Vicente o que de novo subía o Pódio, concretamente na 3º posición seguido de David Rodríguez na 6ª, Yasir Martínez 12º, David e Rubén Carnero 16º e 17º respectivamente e Miguel González 19º.

Pechaban os Infantís e Diego Santomé acadaba o 9º lugar, Luís Mendez o 20º e Adrián Alonso o 29º mentras que en Féminas Irea Villa era 4ª e Laura Teniente vítima dunha caída era 5ª.
Fotos de Boiro
Fotos do Meixoeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario