Pedalea con nos

Si te gusta o ciclismo e queres formar parte dun equipo federado que participa en probas de toda Galicia e partes de España e Portugal e tes entre 6 e 17 anos, esta e a tua oportunidade, chama xá o 680 993 050 ou escrebe a ccorosal@gmail.com

domingo, 30 de octubre de 2016

EN PORTUGAL TAMEN SUBIMOS O PÓDIO




Comenzou no día de hoxe coa primeira de tres probas o Open Sentir Penafiel de Ciclocróss en Portugal donde a nosa xente tamén se facía notar o acadar tres Pódios.

O primeiro deles viña da man dun rapaz que promete e que non é outro que Luís Mendez que na categoría de Promoción se levaba o 2º posto despois de mandar na primeira das dúas voltas o circuito.

Quien tamén se facía co 2º posto era o Cadete Diego Santomé que a pesar de dominar a carreira en distintas fases, tiña que conformarse sin subir o mais alto.

E para non variar, outro 2º , desta volta da man de María Correa que na categoría Júnior Feminino a parte de loitar contra os elementos, tamén tiña que pelexar cos problemas mecánicos da súa "maquina".

Remataban a faena a categoría Elite donde os nosos representantes van mostrando que melloran co paso de cada carreira. O primeiro "rosaleiro" era Iñaki Eiras que remataba na 13ª posición seguido de Adrián Santomé na 17ª e pecharía Sergio Gutierrez na 18ª.

Mentras todo isto acontecía en terras lusas, no País Vasco era o gran Mario Fernández o que pelexaba o máis alto nivel en dúas probas da Copa de España. Na tarde de onte en Llodio facía o 6º posto e na mañán de hoxe en Muskiz era 7º.
Fotos de Penafiel

lunes, 24 de octubre de 2016

MARIO SEGUNDO E LUÍS TERCEIRO EN FERROL

Nada que ver a xornada de onte en Ferrol coa do día anterior en Narón, pois a chuvia fixo acto de presencia durante a noite e tamén durante a carreira deixando o circuito nunhas condicións bastante duras, o que non impedíu que dous dos nosos subisen o Pódio.

Luís Mendez en Promoción repetía o posto do sabado e acadaba outro terceiro posto que lle ven moi ben para afianzarse nesta especialidade de Ciclocróss.

En Cadetes desta volta Mario Fernández resarcíase da mala sorte do día anterior e facíase cun merecidísimo segundo posto mentras que tanto Diego Santomé como Iago Alvarez resentíanse do esforzo do sábado e baixaban un chisco acadando os postos 12º e 15º respectivamente.

Quien tamén baixaba un posto era María Correa que na categoría Júnior Feminas, remataba na 6ª praza.

En Sub-23 era Adrián Santomé o que se clasificaba no 5º posto seguido de Cesar Cividanes no 6º. Suliñamos que nesta categoría o ex do C.C. O Rosal Raúl Fernández facíase coa vitória tanto no sabado como no domingo mentras que en categoría Elite Iñaki Eiras era 21º e Sergio Gutierrez 25º.
Fotos da carreira por Luz Iglesias

domingo, 23 de octubre de 2016

COMENZA A TEMPADA DE CICLOCRÓSS CO TERCEIRO POSTO DE LUÍS

Na tarde de onte sabado daba comenzo a nova tempada de Ciclocróss coa primeira das probas da Copa Galicia 2016-2017 no polígono Rio do Pozo en Narón con dez representantes do Club Ciclista O Rosal.

Primeira participación e primeiro posto de honra para Luís Mendez que na categoría de Promoción acadaba o terceiro posto nun axustadísimo final de carreira.

Logo sería a volta dos cadetes e aquí temos que suliñar o pésimo día de Mario Fernández que na sesión de aquecemento pinchaba por tres veces, pero o pior ainda estaba por pasar, pois despois de marchar durante toda a carreira na segunda posición, na derradeira volta rompía o cambio e tiña que facer mais de medio circuito coa bicicleta o "lombo" para cruzar a liña de meta no 11º posto.
Nesta categoría de Cadete, gran rendimento o amosado por Diego Santomé que estraba categoría e remataba no sexto posto, así como Iago Alvarez que sería 14º.

En Júnior Feminino e despois dunha constante loita, María Correa acadaba a 5ª praza.

A categoría de Sub-23 estaba composta con tres integrantes do noso Clube e o millor clasificado era Adrián Santomé no 6º posto, Xoel Villa no 7º e Cesar Cividanes no 8º.

En Elite destacar despois de varios anos a volta a competición de Iñaki Eiras que realizaba unha boa prestación o rematar 27º mentras que o debutante en competición oficial Sergio Gutierrez era 30º.

Hoxe continúa a Copa Galicia sen sair de Ferrolterra co 4º Trofeo de Ciclocróss de Ferrol na que informaremos unha vez rematada a proba.
Fotos de Narón

domingo, 2 de octubre de 2016

PECHE DE TEMPADA CON DUAS VITORIAS E DOUS TERCEIROS POSTOS




Onte sábado co gallo do G.P. San Froilán de Lugo, pechábase o telón da tempada 2016 de estrada coas nosas Féminas como protagonistas, pois eran elas as que traían para O Rosal tres dos catro Pódios acadados na capital lucence.

Desta volta o Promesa Roi Alvarez  non era quien de subir o "caixón" e remataba no 4º posto mentras que en Principiantes Emilio González acadaba o 8º posto e como non podía ser doutra maneira, o gran dominador da tempada Pablo Rodríguez facíase de novo coa vitória. En canto a Irene Rodríguez, tamén tiña unha brillante actuación e colleitaba o 3º posto en Feminino.

En Alevíns era Miguel González o que nos representaba acadando a 25º praza.

A Infantíl Laura Teniente tamén pechaba a tempada con outra nova vitória nunha carreira na que foi de menos a máis ata lograr a primeira praza mentras que Irea Villa remataba 6ª.
En Masculino de novo era Diego Santomé o máis avanzado o rematar 9º seguido de Iago Alvarez 18º e Adrián Alonso 27º.

De novo no pódio a nosa María Correa que en Cadete Feminino conquistaba a terceira posición mentras que en Masculino Mario Fernández era 14º.

Remataba o Júnior Xoel Villa que en malas condicións físicas acadaba o 26º posto.
Fotos da Carreira