Nada que ver a xornada de onte en Ferrol coa do día anterior en Narón, pois a chuvia fixo acto de presencia durante a noite e tamén durante a carreira deixando o circuito nunhas condicións bastante duras, o que non impedíu que dous dos nosos subisen o Pódio.
Luís Mendez en Promoción repetía o posto do sabado e acadaba outro terceiro posto que lle ven moi ben para afianzarse nesta especialidade de Ciclocróss.
En Cadetes desta volta Mario Fernández resarcíase da mala sorte do día anterior e facíase cun merecidísimo segundo posto mentras que tanto Diego Santomé como Iago Alvarez resentíanse do esforzo do sábado e baixaban un chisco acadando os postos 12º e 15º respectivamente.
Quien tamén baixaba un posto era María Correa que na categoría Júnior Feminas, remataba na 6ª praza.
En Sub-23 era Adrián Santomé o que se clasificaba no 5º posto seguido de Cesar Cividanes no 6º. Suliñamos que nesta categoría o ex do C.C. O Rosal Raúl Fernández facíase coa vitória tanto no sabado como no domingo mentras que en categoría Elite Iñaki Eiras era 21º e Sergio Gutierrez 25º.
Fotos da carreira por Luz Iglesias
No hay comentarios:
Publicar un comentario